No PP din que é preciso que o Concello interveña nesta vía tanto por motivos de mobilidade como pola imaxe do casco histórico de Viveiro
Viveiro, 27 de outubro de 2022. Determinados tipos de pavimentos urbanos, por ben acaídos que sexan ás características da zona na que se atopan, esixen un mantemento frecuente e constante para evitar que se convertan nun pesadelo para quen ten que transitar a diario ou ocasionalmente por estas vías. Ocorre con frecuencia nos cascos históricos. Un destes casos dáse en Viveiro na rúa María de las Alas Pumariño, máis coñecida como Calexa das Monxas. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que, a día de hoxe, en moitos puntos da vía, as lousas están separadas e camiñar sobre elas é moi incómodo e causa de frecuentes caídas.
A Calexa das Monxas comeza na chamada Porta do Valado, da antiga muralla de Viveiro. Ten un pavimento de lousa en chapacuña. Co paso do tempo e debido á falta de mantemento adecuado, as distintas pezas, as lousas, separáronse entre si, o que fai incómodo camiñar sobre elas, e, cando a separación é acusada, provoca tropezóns e caídas.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala: “É hora de que o goberno local, presidido pola socialista María Loureiro, tome cartas no asunto e resolva o problema, adoptando as decisións necesarias para reparar o actual pavimento ou para substituílo por outro”. Ultimamente, son moitas as localidades que optan por cambiar este tipo de pavimento, por outros de máis fácil mantemento e máis cómodos para camiñar sobre eles.
Os populares instan ao goberno municipal a intervir canto antes na Calexa das Monxas, tanto por motivos de mobilidade como por tratarse dunha vía que forma parte do casco histórico e que dá a unha das portas da antiga muralla de Viveiro.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



