A escasa resposta ás citas -só a metade na primeira xornada- “retrasará a campaña de vacinación da Covid e tamén da gripe, co risco que isto supón para un segmento da poboación especialmente vulnerable”
Lugo, 8 de outubro de 2022. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, subliñou este sábado que “os feitos demostran claramente” que dende a Comisión Executiva “tiñamos toda a razón” ao reclamar á Xunta de Galicia que vacine da cuarta dose contra a Covid-19 ás persoas maiores nos seus centros de saúde ou PACs de referencia.
“A baixísima asistencia – tan só a metade dos citados na primeira xornada de vacinación- e as queixas xeneralizadas dos maiores e das súas familias polo trastorno innecesario e o gasto económico que lles provoca ir aos hospitais pon de manifesto o fracaso do sistema de vacunódromos implantado pola Consellería de Sanidade, polo que esiximos á Xunta que rectifique xa”, asegurou José Tomé.
O líder dos socialistas na provincia de Lugo lembrou que o partido vén reclamando que o Goberno galego acerque a vacinación aos maiores, e a propia Executiva acordou na súa reunión do pasado martes que os alcaldes e alcaldesas e os portavoces do PSdeG defendan mocións nos concellos para recoller o rexeitamento social que provocou o sistema de vacinación nos hospitais e esixir á Xunta que recapacite canto antes e subministre a cuarta dose da vacina nos centros de saúde ou nos puntos de atención continuada, unha reivindicación que tamén levarán ao Parlamento de Galicia a través dunha Proposición non de Lei.
“É o máis lóxico para evitar á xente longos desprazamentos ata o Hula ou os hospitais de Monforte e A Mariña. Non ten sentido ter que facer desprazamentos de ata 120 km para poñer unha vacina, co desembolso económico que iso supón, que é un copago na práctica”, afirmou o Secretario Xeral dos socialistas lucenses.
A centralización das vacinas nos hospitais “é un novo castigo ao noso rural porque afasta dos veciños e veciñas servizos públicos básicos, que deberían ser accesibles e gratuítos”, destacou José Tomé. “A Xunta quere recuperar esa idea de que hai que ir ó médico á capital, como no século XIX”, engadiu, insistindo en que a Xunta optou pola centralización “ante a grave falta de medios e persoal que provocou na sanidade, sobre todo na Atención Primaria, na nosa provincia. Unha carencia que o PP da provincia de Lugo sempre nega, pero que ante a realidade non lle queda máis que recoñecer, como fixo hai uns días a Deputada do PP no Parlamento Encarna Amigo”.
José Tomé pregúntase “canto teremos que esperar para que o Goberno galego rectifique. A xente non acude ás citas. Non se está a vacinar máis que a metade dos maiores citados. As queixas polas molestias son xeneralizadas. A que espera a Xunta para recoñecer que se equivocou e para retomar o sistema anterior, vacinando nos centros de saúde ou PACs?”
Retraso da vacinación da gripe
Os socialistas amosaron tamén a súa preocupación porque a baixa resposta da xente vai retrasar de feito o reparto da cuarta dose. Ademais, como se decidiu derivar tamén a vacinación da gripe aos vacunódromos, os maiores que non poden ir quedan tamén sen protección cara a gripe. “Nós apostamos sempre polos servizos públicos, e a sanidade de calidade, universal e gratuíta é un dereito esencial dos nosos veciños e veciñas. Levamos tempo reclamando a recuperación dos servizos sanitarios no rural, porque o seu deterioro está na base deste problema. O Conselleiro de Sanidade equivocouse gravemente na planificación desta campaña e ten que rectificar, porque está poñendo en risco a saúde dos nosos maiores”, dixo o Secretario Xeral do PSdeG na provincia.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



