Foron 19 cursos centrados nas áreas xurídico-procedimental, políticas de igualdade, administración electrónica, novas tecnoloxías, recursos humanos, saúde laboral e urbanismo e medio ambiente, entre outras
Lugo, 17 de novembro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ás deputadas de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, entregou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos os diplomas aos empregados e empregadas públicos da propia institución e dos concellos que completaron os cursos do Plan de Formación Continua ofrecido neste 2022 pola entidade provincial.
Este ano, a Deputación organizou 19 accións, nas que participaron 760 persoas. “Trátase de algo positivo a nivel individual, para a carreira profesional dos traballadores, pero tamén a nivel colectivo, porque, coa mellora constante de coñecementos, estamos contribuíndo a mellorar o funcionamento das administracións”, sinalou o Presidente.
José Tomé subliñou que o Plan Agrupado busca precisamente “avanzar cara unha administración máis moderna e eficaz, con capacidade para utilizar con proveito as ferramentas de traballo dispoñibles en cada momento e prestar así un mellor servizo á cidadanía, que debe ser a nosa máxima aspiración como servidores e servidoras públicos”.
Neste sentido, lembrou que os traballadores e traballadoras da Administración local xogan un papel fundamental porque están na primeira liña de consulta á que acoden os veciños e veciñas para pedir información, facer trámites ou resolver dúbidas. “Formamos parte da Administración máis próxima á cidadanía, da primeira porta á que chaman cando teñen un problema”. Por iso, engadiu, “debemos seguir traballando xuntos, dotándonos das mellores ferramentas, de recursos e de formación como a que proporciona o Plan Agrupado para ser, cada día, máis útiles ós novos conveciños, porque así tamén lle irá mellor ós concellos e ó conxunto da provincia”.
A proposta do Plan Agrupado de Formación Continua 2022 incluíu accións centradas nas áreas xurídico-procedimental, políticas de igualdade, administración electrónica, novas tecnoloxías, recursos humanos, saúde laboral e urbanismo e medio ambiente, entre outras.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



