O Valadouro, 9 e novembro, 2022. A oposición do Concello do Valadouro, conformada polos Concelleiros do Partido Popular, Udival e Concelleira non adscrita, queren aclarar a súa postura en contra dos expedientes de suplemento de crédito presentados pola Alcaldía e que foron tratados no pasado Pleno do día 3 de novembro.
En primeiro lugar, nas reunións mantidas cos portavoces, non se nos deu unha información clara de para qué necesitaban ahora tantos cartos. Por parte do Sr.Alcalde xustifícase a necesidade de ampliar algunhas partidas con mentiras, como é habitual nel. Despois de dúas horas de reunión seguimos sen poder comprender as explicacións que nos dan, polo que chegamos a un principio de acordo, xa que se non fose así estariamos alí ata a noite sen ter as contas claras.
Ó día seguinte recibimos unha convocatoria dun Pleno extraordinario e urxente para tratar estes suplementos, cando ós poucos días celebrariase o Pleno ordinario, supoñemos que sería para que non nos dera tempo a estudialos máis, porque senón non ten sentido.
A nosa postura no Pleno foi voto en contra destes suplementos tal e como están confeccionados, porque non nos podemos fiar desas contas, estando sempre a favor de aumentar a partida para a suba dos funcionarios, o persoal do concello ten que cobrar o que lle corresponde por Lei, non pode ser doutra maneira, o que non é admisible é que inflen esta partida para contar despois con máis cartos, as contas teñen que estar claras.
Igual pasa coa partida do servizo de dependencia (SAF), servizo moi importante e necesario para moitas familias, pero igualmente inflan a partida, ó noso entender a cantidade que propoñen aumentar non é real, polo que propuxemos se nos presente un suplemento para os gastos do persoal e servizo de dependencia cos importes reais que se necesitan para rematar o exercicio.
O resto das partidas incluidas nestes suplementos poderían telas xa cubertas antes de chegar a este momento con transferencias doutra partidas ou coa incorporación de remanentes que fixeron no mes de xuño, pero prefiriron deixar todo para o último trimestre porque despois poden incorporar estes importes ó presuposto de 2023.
A estas alturas a oposición algo entende dos presupostos, non nos fai falta facer un cursillo, como manifestou o Sr.Alcalde no Pleno, o problema é precisamente do Sr.Alcalde e equipo de goberno por non xestionar ben o presuposto.
No que respecta á proposta feita polo Concelleiro de Deportes, incluida nun suplemento por importe de 1500 euros para uns investimentos no campo de fútbol, para o cal teñen unha xubvención xa dende o ano pasado, e que dí que pola nosa culpa non se vai poder levar a cabo, decirlle ó Sr.Concelleiro que se entere ben, que a partida de Deportes, vincula con Educación e Cultura, e que de calquera dunha destas partidas se podería ter sacado esa cantidade seguramente sen problema ningún, como por exemplo da partida de Cultura (Feiras e Festas), da que se están a gastar cartos sen moito sentido.
Está claro que non queremos entorpecer nada, como dí o Sr.Alcalde, todo o contrario, queremos que se xestione ben, que os cartos se invirtan no que realmente se necesita, con responsabilidade e sen despilfarrar, por iso insistimos na nosa proposta feita no Pleno e que pedimos que constara en acta: Un suplemento cos gastos REAIS que se necesitan para o persoal e para o servizo de dependencia.
Nós estamos a disposición das necesidades do pobo, non dos caprichos e despilfarros do equipo de goberno.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



