Este xoves, 1 de decembro ás 20:30h. acollemos na Libraría Bahía a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas. Trátase dun xogo de cartas que representan figuras, lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas. Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña. Na presentación estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.
Presentación na Libraría Bahía de Foz
Presentación na Libraría Bahía de Foz
Relacionado
-
A Deputación aproba máis de 300.000€ para impulsar obras e novos servizos en 3 concellos da Mariña
-
Castiñeira: “PSOE e BNG subiron a auga, a contribución, a recollida do lixo e outros impostos municipais que agora escandalizan aos veciños e veciñas de Foz”
-
Nova velada de kickboxing este sábado en Foz coa ‘V Arenka Fight Night’