Dende a dirección provincial destacan o reforzo do partido en Cervo de cara ás eleccións municipais, co obxectivo de mellorar aínda máis o resultado conseguido nas anteriores
Cervo, 26 de novembro de 2022. O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez repite na presidencia do PP de Cervo como resultado do congreso celebrado esta mañá polo Partido Popular desta localidade da montaña lucense, cunha candidatura única. Ao congreso asistiron, entre outros membros da dirección provincial, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal. Dende a dirección provincial sinalan que o partido actualízase e refórzase de cara ás eleccións municipais, para conseguir de novo o goberno municipal, pero con resultados aínda mellores que nas anteriores eleccións locais.
A dirección popular que sae deste congreso e ampla a moi representativa. Villares explica que “é unha lista aberta a todos os que queiran traballar por Cervo, integramos novas persoas que se integran ao noso proxecto político onde se conxuga experiencia e xuventude”. Así, a xunta directiva estará composta por integrantes con ganas de traballar por Cervo cun proxecto político sólido con máis de 20 anos co apoio e as confianzas dos veciños.
Villares Bermúdez insiste en que enfronta o novo período como presidente do PP local con humildade e moitas ganas de traballar. E afondando na escoita activa cos veciños, para coñecer as inquietudes e os problemas reais a través da proximidade. Desta maneira o grupo popular quere devolver con resultados e solucións o apoio e a confianza de todos os veciños da localidade.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



