Ribadeo, 12 de novmebro, 2022. Alumnos e alumnas do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participaron o pasado venres 11 de novembro, nuha Xeoruta financiada polo Concello de Ribadeo. Acompañados por Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía e pola profesora de Bioloxía, Susi Besteiro, foron recorrendo dous puntos de interese xeolóxico do concello ribadense: As Catedrais e Piñeira.
O percorrido comezou por Piñeira, aprendendo en primeiro lugar a diferenciar as dúas rochas predominantes: cuarcitas e lousas do período Cámbrico, con 500 millóns de anos de antigüidade. Aínda que a simple vista parecen iguais ó tocalas apréciase que as cuarcitas son moito máis ásperas e duras cás lousas. Esta é a causa da forte erosión diferencial que xunto coa intensa fracturación condiciona a morfoloxía nosa costeira. Tamén puideron apreciar pregues en M e fallas de rumbo dextrais, entre outras deformacións producidas polas forzas internas terrestres.
A continuación, na praia das Catedrais, trataron de descubrir as distintas etapas do cantil. Primeiramente, as pequenas covas modeladas a favor dunha fractura, despois os túneis rochosos, a continuación “ollos” nos puntos de intersección das fallas e finalmente os famoso arcos, que representan a fase máis evolucionada.
Tamén houbo tempo para reflexionar sobre os perigos do turismo masivo e sobre a necesidade de controlar os accesos á praia e á parte alta do cantil por ser a zona máis vulnerable do mesmo. En definitiva, unha clase distinta: “in situ”, cun día espléndido e cun gran xeólogo. Polo tanto, dende o IES Ribadeo Dionisio Gamallo, queremos agradécelle ó Concello de Ribadeo e a Fran Canosa a súa colaboración para poder facer esta actividade e agardamos que sirva para que o alumnado sexa quen de valorar e divulgar o noso patrimonio xeolóxico.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



