Non creo que ninguén despois das declaracións do noso alcalde, D. Edmundo Maseda, fose capaz de entender de que estaba a falar pois, excepto os insultos que dedica a todos os membros da oposición, só queda claro que o noso máximo representante desbócase cada vez que non se lle permite dispoñer dos cartos que o Concello ten no banco (o famoso remanente do que tanto presume). Eu, como representante dos Independentes do Valadouro (UDIVAL) quero aclararlles ós veciños o acontecido na última sesión plenaria e a nosa postura.
No 2021 o goberno do Valadouro solicitou ó Pleno incorporar case medio millón de euros para facer fronte a numerosos gastos que tiña comprometidos así como o “ansiado” soldo da alcaldía. Naquel momento logrou votos bastantes,sen o noso apoio, e puido dispoñer deses cartos.
Este ano, cos presupostos recentemente aprobados, resulta que ó noso excelentísimo alcalde vólvenlle a faltar de novo nada menos que outros catrocentos e pico mil euros para cubrir os gastos do trimestre que nos queda para rematar o ano. Eu, dentro da miña ignorancia e das miñas limitacións de formación, que me recorda pleno tras pleno D. Edmundo, non logro entender como o responsable das arcas municipais pode embargar ó Concello en gastos superfluos e comprometerse con subvencións, cando debería ser consciente de que carece de cartos para facerlles fronte. A situación e tan grave que o alcalde esta vez ata nos pedía cartos para pagar brocas, luvas, anciños,… Vistas estas explicacións cómo non pensar que non sabe administrar????.
Nós non dubidamos do traballo da Secretaria nin da Traballadora Social, igual que non dubidamos de que se precisen cartos en algunha partida pola alza do prezos ou porque xurdiran imprevistos, pero está claro que quen debe administrar os cartos dos que dispoñemos nas arcas municipais e os bens e servizos do Concello é o Alcalde, non a Secretaria nin a Traballadora Social.
Respecto a que os cartos de determinadas partidas non se poden destinar para outros fines, quero aclarar que isto non é totalmente certo. Por poñer un exemplo, no punto en que se trataba de incrementar os cartos para a Axuda no Fogar incluíanse as axendas que se deron no colexio ós nenos, así que o propio alcalde recoñece que as pagou, ou as pretende pagar, con cargo a esta partida. ¿¿¿Alguén me pode explicar a conexión entre a asistencia ós nosos maiores e as axendas escolares????. Non teño nada en contra de entregar axendas pero se non hai cartos tal vez teriamos que priorizar.
O que queda claro é que se está a gastar por encima das nosas posibilidades, facendo compras ou actuacións das que os veciños non están a sacar beneficio. Tamén queda claro que ó longo do ano non se teñen en conta as necesidades básicas e se gardan cartos para cubrilas, pois se pensa que como existen cartos no banco “o Pleno proveerá “. Pero os aforros municipais son de todos os veciños e non son para cubrir “caprichos” (como a colección de tractores que estamos a crear e que traen consigo o incremento de gastos en seguros, mantemento , arreglos…, a “Escola Ecolóxica”, para a que tamén se pedían cartos, ou distintas actuacións ou inversións que se están a facer).
Este pleno foi un baño de realidade que, analizando as declaracións feitas polo noso “estimado” alcalde, ESCALDÓUNO un pouquiño e a ferida non lle deixa ver que existe o noso compromiso e do resto da oposición de que, no momento en que se nos presenten as contas detalladas, os gastos non superfluos, como cubrir á atención dos nosos maiores e os o incremento dos soldos dos traballadores, serán aprobados.
Cando os Independentes formamos parte do goberno municipal sempre partimos da máxima de NON GASTAR NIN UN EURO MÁIS DO QUE HAI. Tal vez sexa o momento de que tome nota deste modo de traballar e que dedique máis tempo á administración e menos á prepotencia e continuas faltas de respecto que pon de manifesto tanto nas sesión plenarias como nos seus comunicados.
Moitas grazas.
María J. Fdez Díaz
Representante de UDIVAL
PD.- Cando vaia as clases, que tanto me recomenda, para incrementar a miña formación, tal vez debería acompañarme algunha vez pois, dende as miñas carencias académicas que vostede me recorda continuamente, creo recordar que: “para habernos matado” es con H y con B.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



