A Mariña, 9 de novembro de 2022. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente da Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra e alcalde de Ferrol, Ángel Mato, mantiveron esta semana unha reunión no Concello ferrolá para impulsar o Camiño do Mar.
Na xuntanza, na que tamén participaron o concelleiro de Turismo de Foz e o cronista oficial e técnicos de ambas Mancomunidades, o ente da Mariña expuxo os avances que se están a facer para a definición, sinalización e posta en valor dunha vía de peregrinación que está documentada historicamente e oficializada pola igrexa.
Fran Cajoto sinalou que “agora mesmo podemos selar a nosa credencial de peregrinos en puntos como a Basílica de San Martiño en Foz. O Camiño do Mar, que se separa en Ribadeo do Camiño Norte e se incorpora en Neda ao Camiño Inglés, ten ademais un gran valor patrimonial e paisaxístico. Só na nosa comarca a Basílica de San Martiño, a Catedral máis antiga de España, ou a propia cidade de Viveiro, constitúen reclamos por si mesmos. Un diverso patrimonio etnogŕáfico e unhas impresionantes panorámicas da costa desde a ruta son elementos diferenciais”.
O historiador e cronista focego, Xoan Ramón Fdez Pacios, destacou a ruta como a “dos dous Apóstolos” en referencia a Santiago e a San Andrés de Teixido, en Cedeira, un atractivo fundamental que non dispón de ningún outro camiño.
O alcalde de Ferrol confirmou a aposta de Ferrolterra por este proxecto que vai servir de nexo de unión do norte galego. O proxecto de posta en valor do Camiño do Mar está liderado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística. As Mancomunidades da Mariña e Ferrolterra xa colaboran en proxectos conxuntos como o do Turismo Slow Norte de Galicia.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



