Burela, 8 de novembro, 2022. Este martes clausurouse en Burela unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; e o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo e da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero, presidiron o acto de clausura do Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico-Noroeste, no que presentaron un resumo das conclusións e acordos alcanzados entre o sector pesqueiro e as administracións.
Previamente, este martes pola mañá levouse a cabo unha reunión de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras, tanto de España como das comunidades autónomas do cantábrico. Durante máis de tres horas os representantes do sector expuxeron ás administracións as principais conclusións derivadas da primeira xornada da Interfedrativa, que se celebrou o luns pola tarde.
En representación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz felicitou á organización por celebrar este tipo de reunións, nas que se xeran debates moi importantes para a mellora continua do sector. Segundo a secretaria xeral de pesca, na xornada matinal deste martes tratáronse algunhas das preocupacións actuais do sector, que condicionan a rendibilidade da pesca; así como outros temas que deben asegurar o futuro do mar, por exemplo o relevo xeracional.
Pola súa banda, Rosa Quintana destacou o carácter das frotas galegas e do cantábrico, que ante momentos de dificultade sempre se erguen cunha mirada optimista ao futuro. A conselleira do Mar da Xunta de Galicia apoia tanto ao goberno como ao sector pesqueiro nas súas reivindicacións fronte á Unión Europea, solicitando a suspensión temporal do regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea e que veta a pesca de fondo.
O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, compartiu as conclusións que se debateron na Interfederativa do luns e que se acababan de presentar ás representantes da administración.
Este ano entre os principais temas tratados non podían faltar os espazos vulnerables mariños, ademais do xurelo, as titulacións profesionais, a problemática coas tramitacións a sede electrónica, o novo regulamento das OPPs ou a xestión do plan da anchoa.
O peche da clausura correu a cargo do alcalde de Burela, Alfredo Llano, que, ademais de saudar e dar a benvida a Burela a todos os participantes, lembrou que “estamos todos no mesmo barco” e que “nos enfrontamos a momentos dunha crise extraordinaria que temos que solucionar entre todos”.
No encontro, que tivo lugar no Hotel Nordés o 7 e 8 de novembro, participaron representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra.
Durante a reunión Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, celebrada na tarde do luns, os representantes dos depósitos acordaron unha serie de temas que serviron como documento de traballo na reunión que o martes pola mañá mantivo o sector pesqueiro artesanal coas administracións central e autonómicas.
A xornada contou tamén coa asistencia da directora xeral de Pesca Sostible, Mª Isabel Artime García; o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias Serrano; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; a directora de Pesca e Alimentación de Cantabria, Marta Ana López López; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica.
No acto de clausura uníronse os representantes das organizacións de pesca de Lugo, Armadores de Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 do Porto de Burela e OPP-77; e outras entidades pesqueiras e económicas de ámbito local.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



