Alfoz, 10 de novembro, 2022. No mes de novembro, dentro das actividades do 25N, o Concello de Alfoz participará na iniciativa “Festival Cine de Mulleres”.
No Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz,os días 18 e 20 de novembro, ás 19:00h terán lugar 2 proxeccións de 2 películas, “Julia” e “Les Gardiennes”, e un coloquio posterior, nun formato de cineforum dirixido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
ALFOZ.- Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
DIA 18 NOVEMBRO. 19.00 H
PROXECCIÓN + COLOQUIO “JULIA”
“Julia” é unha película de 1977 dirixida por Fred Zinnemann, baseada no libro “Pentimento”, de Lillian Hellman.
Nos anos 20, a futura escritora norteamericana Lillian Hellman coñece a Julia, a filla dunha adiñeirada familia escocesa. Entre elas xorde unha profunda amizade, pero vense obrigadas a separarse en plena adolescencia. Mentres Julia vai estudar a Oxford e posteriormente a Viena, onde é discípula de Freud, Lily convértese nunha famosa escritora, pero estraña a amizade de Julia, polo que decide ir visitala a Viena. Corren malos tempos para Europa, pois o nazismo está en pleno apoxeo.
DIA 20 NOVEMBRO. 19.00 H
PROXECCIÓN + COLOQUIO: “LES GARDIENNES”
“Las guardianas”, drama francés dirixido por Xabier Beauvois e estreado en 2017.
En 1915, unha nai e unha filla tiveron que facerse cargo da granxa do Paridier porque os homes están na fronte. Unha sorte de western feminista soberbiamente producido.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



