O Servigroup Peñíscola FS remonta na segunda parte con 4 goles deixando o encontro en empate 4-4
Sábado 26 de novembro. Unha vez máis, pouco despois do amargo empate contra o FC Barcelona B, un Vista Alegre con 1000 espectadores vólvese a poñer en pé para apoiar e animar ao seu equipo nun doloroso final que converte de golpe os 3 puntos da clasificación en 1, deixando a mesma distancia da xornada pasada de 10 puntos entre os dous equipos e baixando ao CD Burela FS ao cuarto posto da clasificación despois das victorias do Parrulo Ferrol y o Alzira FS contra o Sala 10 Zaragoza e o Bisontes Castellón FS respectivamente. Aínda que se mantén a pouca distancia do segundo e terceiro posto, quedando moita tempada por diante e mantendo a racha sen perder partidos, o cuarto gol do Peñíscola volve a saber a pouco.
Con un cuestionado arbitraxe para os dous equipos, o encontro comeza con dous expulsións por falta na área, no minuto 2 de José Mario e no 6 de Plaza, con dous penaltis e dous goles de F.Torres e David Pazos. Segundos despois do segundo penalti, David Pazos volve a subir o marcador 3-0 para o equipo naranxa e no 14, Pitero mete o cuarto gol para o Burela deixando o marcador 4-0 no descanso a pesar da presión do equipo rival, que recorre ao porteiro xogador no minuto 15 sen conseguir resultados ata a segunda parte. Antes do descanso Isma é expulsado por dobre amoestación, supoñendo a grande perda dun jugador moi polifacético e importante no 5 para 4 para o CD Burela FS.
Na segunda parte, o Peñíscola FS continúa a presión co porteiro xogador e no minuto 24, Sancho consegue o primeiro gol do equipo valenciano e vuelve a aparecer no 25 cun segundo gol que estremece ao Burela. Continúa un Peñíscola moi motivado presionando e o Burela recorre ao porteiro xogador dándose un breve respiro, pero o Peñíscola vense arriba e, aprobeitando dous erros do Burela, Elías e Quintela rematan o marcador nos dous últimos minutos co 4-4 final. Aínda que sexa un final triste, David Rial, entrenador do CD Burela FS, móstrase orgulloso do seu equipo por ser o primero que lle saca puntos ao primeiro clasificado, demostrando o complicado que é sacar os 3 puntos en Vista Alegre.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: M.Kaluza, Lucho, Pitero, Antón Arnejo, David Pazos, – cinco inicial- Bruno Expósito, Isma, F.Torres, Rikelme, Alberto Mirás, Eloy, Bruno.
Servigroup Peñíscola FS: Starna, Plaza, Juanqui, Elías, D.Quintela, – cinco inicial- José Mario, Cristian, Pani, Gauna, Saladié, Diego Sancho, Gus (P), Rafa López (P).
Goles: Min.3 Nando 1-0 (P); Min.6 David Pazos 2-0 (P); Min.6 David Pazos 3-0; Min.13 Pitero 4-0; Min.24 Diego Sancho 4-1; Min.25 Diego Sancho 4-2; Min.38 Elías 4-3; Min.39 D.Quintela 4-4.
Equipo Arbitral: Peregrino Ambrosio Abdulay Ndoho, Iñaki Castillejo Álvarez, Borja Pérez Muñiz, Eva López Seijas.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


