Lourenzá, 21 de novembro de 2022. O Concello de Lourenzá organiza desde mañá, martes, ata este sábado, día 26, varias actividades co lema Saca tarxeta vermella contra violencia de xénero.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia: “este ano queremos reservar toda a semana para visualizar e reivindicar esta lacra social que segue presente na nosa sociedade. A través de distintas actividades tentaremos concienciar á veciñanza da importancia que ten recoñecer esta realidade e do necesario que é loitar contra ela para así poder erradicala. A programación das actividades faise conxuntamente pola Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Mercedes Dengra e a Concellería de Deportes, da que é responsable Sonia Gavino”.
A rexedora municipal engade que “o martes e o mércores no taller de memoria o alumnado lerá testemuñas de varias persoas que sufriron algún tipo de violencia e despois haberá un coloquio para intercambiar opinións. O xoves 24 no Salón de Actos do Concello ás 17:00 horas proxectarase a película En tierra de hombres, para todos aqueles que queiran asistir. Este ano, baixo o lema Saca tarxeta vermella contra violencia de xénero, o deporte tamén estará presente nesta loita: o sábado 26 pola mañá no campo de fútbol de Santa Cruz os deportistas da sección infantil de fútbol das Escolas Deportivas de Lourenzá vestirán unha camiseta co lema Non a violencia no partido que disputarán co Piringalla de Lugo. Antes de comezar o partido lerase un manifesto e inaugurarase un mural contra violencia de xénero no muro das instalacións do campo”.
Rocío López remata comentando que “a maiores de todo isto os días 9 e 11 de xaneiro haberá unha actividade de prevención de situacións de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades. É un curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara a diversas situacións, que organiza a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



