Avoga por que “pague máis quen máis ten” en contraposición ao pelotazo fiscal de 34 M€ co que o goberno do PP agasalla ás grandes fortunas
Santiago de Compostela, 17 novembro 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou unha saída “xusta” á crise de prezos para o que pide aos gobernos “medidas valentes” como as que o BNG defenderá na súa alternativa aos “orzamentos insolidarios” do Goberno do PP para 2023, alternativa que inclúe unha proposta fiscal que pasa por subirlle os impostos ás eléctricas e ás grandes fortunas para recadar 180 millóns de euros.
Nun contexto económico que está afogando ás familias, Pontón avogou por que “pague máis, quen máis ten” e defendeu a proposta nacionalista para que as empresas do lobby eléctrico asuman unha maior carga impositiva, “tendo en conta que se están forrando coa crise” a costa da maioría, con beneficios que cualificou de “estafa inaceptable”.
Neste sentido, a alternativa do BNG pasa, primeiro, por que as eléctricas paguen o canón eólico en función da potencia asignada aos parques e non en función do número de muíños, un cambio que aportaría 25 millóns extra ás arcas públicas. Segundo, subir o imposto por dano ambiental provocado polos encoros das eléctricas, o que aportaría 24 millóns máis de ingresos e, terceiro, un imposto medioambiental de nova creación sobre as redes de alta tensión, que suporía un millón de euros máis de recadación.
Así o explicou na presentación en Pontevedra da campaña Contra a crise de prezos, hai alternativa, na que tamén participaron o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Poio, Marga Caldas e a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, campaña que o BNG está a desenvolver por todo o País e que concluirá o próximo 18 de decembro cunha manifestación en Santiago para reclamar precisamente medidas que posibiliten unha saída xusta e digna a esta crise.
Fronte ao pelotazo fiscal de 34 millóns de euros co que o Goberno do PP agasalla ás 7.700 persoas con máis patrimonio de Galiza, a líder nacionalista tamén contrapuxo a proposta fiscal do Bloque para reducir a 300.000 euros o mínimo exento no imposto de patrimonio descontando o valor catastral da vivenda habitual, o que permitiría converter o agasallo do PP ás grandes fortunas en 60 millóns adicionais para as arcas públicas.
“Si, hai alternativas para darlle unha saída xusta a esta crise”, resumiu, para recalcar a continuación que “non se poden repetir os erros de 2009” e que esta crise, -que non responde a un aumento da demanda, senón que se sitúa nun contexto de transformacións de fondo a nivel internacional-, non pode levarse por diante a miles de familias como aconteceu na anterior.
Pontón tamén apuntou que, en Galiza, estes fenómenos globais tamén se dan coa “concentración de riqueza en poucas mans”, a maioría alleas ao País e situadas territorialmente, sobre todo, en Madrid, que continúa absorbendo investimentos e poboación. “Polo que se albisca, preténdense reforzar aínda máis esas tendencias tan nocivas e desfavorábeis para Galiza e as súas clases populares”, indicou, para concluír que “temos que actuar contra este duro pau da inflación que se ensaña con quen menos ten e que vai aumentar as desigualdades sociais e territoriais”.





















O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



