Barreiros, 20 de novembro de 2022. Un cento de persoas participaron na andaina Camiño da Reflexión, organizada pola Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros coa colaboración de Bumei (Mulleres en Igualdade), CF Celta Barreiros e Barreiros Mar e Monte, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
As persoas participantes saíron desde as inmediacións do restaurante A Yenka e percorreron 12 quilómetros ata chegar á Cruz do Lobo ao restaurante O Asador.
Mary Fraga, responsable de Mulleres en Igualdade na comarca, dixo que “la caminata de esta mañana fue la inauguración de la denominada Ruta de los Bancos Violeta, que invitan a la reflexión sobre esta lacra social, que es la violencia de género. Hoy también se nos unieron las asociaciones de Foz y su concejal de Servicios Sociales, Ana Rojo, para recoger ese testigo que simboliza la lucha contra la violencia de género y lo que supondrá que el año que viene será el Ayuntamiento de Foz el que organice la caminata hasta el siguiente Ayuntamiento que será el de Burela y así llevaremos por toda la Mariña, de banco violeta a banco violeta, en memoria de todas las víctimas nuestra señal de repulsa con esta lacra social”.
No acto de hoxe interviñeron a concelleira de Servizos Sociais de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez, a edil focense Ana Rojo, e o presidente de Camiños e Camiñantes de Barreiros, José Manuel Gómez Puente. “Todos incidimos en la necesidad de aunar esfuerzos y luchar contra la violencia de género, que sigue en aumento”, añadió Mary Fraga.
Gómez Puente tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que esta mañá decidiron compartir esta andaina con nós”.























Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



