Ribadeo, 7 de decembro de 2022. A Audiencia Provincial de Lugo ven de darlle a razón ao Concello fronte ao Banco Santander por non terlle permitido o acceso durante máis dun ano ás contas do patrimonio da herdanza doada polo médico Francisco Moreda. O alcalde, Fernando Suárez subliñou que “desde o Concello sentímonos aliviados con esta sentenza, sabendo que o interese público non se ve afectado”.
O rexedor declarou: “hoxe empezamos con unha boa noticia. Por interese público e por orgullo e dignidade. Acabamos de saber que a Audiencia Provincial de Lugo, a través da Resolución do Recurso de Apelación, confirma definitivamente e nos dá a razón na meirande parte dos nosos argumentos contra o Banco de Santander por non ternos dado acceso ás contas do finado Francisco Moreda durante máis de un ano. Isto supuxo graves danos no patrimonio desta herdanza, por canto ao non poder acceder no tempo razoable, houbo unha serie de produtos financeiros que viron reducido o seu valor”.
Suárez Barcia dixo que “desde o Concello, como titular do Hospital Asilo, e por extensión responsable da xestión desta herdanza, nada puidemos facer durante todo o tempo que o Banco actuou neglixentemente ao non permitirnos acceso ás contas e aos valores. O que si fixemos entrementres foron requirimentos a ese Banco, que podería ser responsable, como así acabou sendo, por esta actuación neglixente. Á vista desta inxustiza, decidimos contratar a un moi bo bufete de avogados especializados en Dereito Mercantil, Zamorano & Peleteiro, que sí viron que había motivos para recorrer á xustiza para defender o interese público deste caso”.
O alcalde subliñou: “finalmente, a xustiza, en primeira instancia polo Xulgado de Instrución de Mondoñedo e agora xa pola Audiencia Provincial de Lugo en segunda, recoñece a neglixencia do Banco de Santander e obrígao a indemnizar ao Concello. Segundo os nosos avogados, a falta da precisión exacta do montante, este pode ascender a máis de 70.000 euros”.
Fernando Suárez manifestou que “desde o Concello sentímonos aliviados con esta sentenza, sabendo que o interese público non se ve afectado. E tamén podemos dicir como moralexa, como non, que o dito de que a Banca sempre gaña, non é certo, ou noutras palabras: Que tamén aquí David lle gaña a Goliat”.
O rexedor indicou que “agora este montante económico sumarase ao resto da herdanza, que xa temos a bo recaudo da Tesouraría municipal, e que se complementa coa recente venda do piso que esta persoa tiña en Ribadeo. Así, a falta de precisar con exactitude o monto global, podemos dicir que serán cando menos 800.000 euros”.
E engadiu: “e con todo isto, aínda sendo moito, non é dabondo para a tarefa titánica que temos por diante para o proxecto de reforma do Hospital Asilo, onde a Xunta de Galicia, unha vez máis parece que lle vai fallar de novo a Ribadeo. Pois con Xunta ou sen Xunta habemos facer realidade o de converter nun lugar moderno o vello Hospital Asilo. Iso é o que queremos os homes e mulleres do Goberno Municipal de Ribadeo e sen dúbida, iso sería o que querería o Señor Francisco Moreda Pérez. E por iso, non lle imos fallar”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



