Ribadeo, 13 de decembro de 2022. Acisa ven de presentar a súa campaña de Nadal, este ano coorganizada entre a asociación empresarial e o Concello de Ribadeo, que se desenvolverá do 15 de decembro de 2022 ao 14 de xaneiro de 2023. Inclúe a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, obradoiros, teatro, reparto de materiais entre os asociados e asociadas e sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa; así como a instalación da árbore de Nadal e na praza de San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se desenvolverá do 15 de decembro ao 14 de xaneiro. Inclúe o sorteo da XII Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa, que inauguramos hai uns días, actividades para as nenas e os nenos e a entrega de material gratuíto para os nosos socios e socias”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, explicou que “o sorteo da XII Festa do Comercio volverá ser presencial e celebrarase na carpa instalada no Parque San Francisco o 14 de xaneiro. Desde o 15 de decembro ata o 14 de xaneiro, co fin de impulsar a primeira semana das rebaixas, as rifas estarán a disposición dos clientes de todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo”. E subliñou que “os premios, que se repartirán son: un de 2.000 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros e dos de 250 euros. Un destes últimos premios (de 250 euros) será non presencial, e dicir, sortearase entre o total de rifas impresas. O resto de premios sortearanse entre os números que o dia 14 de xaneiro estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa. Polo tanto é moi importante destacar que a rifa debe conservarse ata o 14 de xaneiro e que ese dia pola tarde deberase introducir na urna unha das dúas partes nas que se divide a rifa, e seguir conservando a outra ata a mesma hora do sorteo. Deste xeito, unha parte estará na urna para poder ser extraída e premiada e a outra quedará con nós para comprobar se temos o número. Este ano póñense en circulación 150.000 rifas, esperando que sexa unha campaña de Nadal moi animada. Esas rifas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento para ser entregadas aos clientes”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado indicou “neste 2022 optamos tamén por xerar nas rúas de Ribadeo o mellor ambiente de Nadal posible, que faga que ao saír da casa un se alegre un pouco máis, por iso en Ribadeo volveranse escoitar, a través da megafonía, polas principais rúas as tradicionais panxoliñas e na praciña de San Roque, creamos un espazo único onde veciños e visitantes poidan fotografarse, xunto o noso árbore de Nadal e fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL, iluminado para a ocasión”.
Cruzado Iglesias dixo que “apostaremos tamén polas actividades para os máis pequenos. Contaremos con animación para eles grazas a obra de teatro Story Time The Elf´s Inventions o dia 18 de decembro ás 17:30 horas no Teatro de Ribadeo e un taller de adornos de Nadal o dia 24 en dúas quendas, ás 10:30 e ás 11:45 nas instalacións de Kids&Us”.
Jesús Pérez manifestou que “para completar toda esta programación debemos lembrar que este ano con motivo do Nadal entregáronse 20.000 bolsas de comercio de Acisa para os nosos socios de forma gratuíta, xunto con preto de 30.000 unidades de diversos materiais para a hostalaría, como son os envases e bolsas de comida para levar, os vasos térmicos ou bolsas de botellas de viño”.
A presidenta de Acisa subliñou: “todo isto facémolo co fin de dicirlles aos ribadenses, a veciñanza da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as compras, tomar un viño, encargar as comidas e as ceas de Nadal e desfrutar dunhas festas diferentes. Para este Nadal non debemos esquecer a campaña das Panchas, organizada polo Concello de Ribadeo, que será sen dubida un revulsivo mais para mercar e consumir na nosa localidade e que dende Acisa conta con todo o noso apoio”.
O xerente de Acisa manifestou que “esta campaña de Nadal supón unha inversión de mais de 30.000 euros por parte Acisa. É un dos maiores, se non o maior, esforzos económicos realizados nos últimos anos, entre materiais, actividades, premios…, co fin de manter e dinamizas a economía da vila. Toda a programación deste Nadal, este ano faise de forma coorganizada co Concello de Ribadeo, baixo a premisa de que aunando esforzos podíamos facer un Nadal moito mellor. Acisa tamén coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputacion de Lugo. A todas as administracións lles agradecemos a súa colaboración”.
No acto de presentación da campaña de Nadal de Acisa participou tamén o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, que animou “a ribadenses, visitantes, veciñas e veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a facer as súas compras destas datas, a apostar polo comercio local, por eses establecementos que temos a carón da casa, onde atoparemos un trato próximo e personalizado; a gozar da nosa oferta hostaleira e de toda a programación de Nadal que atoparán aquí e imos dar a coñecer dentro días”. Vizoso Galdo lembrou que “a campaña das Panchas segue en marcha, vai a bo ritmo e temos ata o 31 de decembro para aproveitar as vantaxes da nosa moeda local”.
O concelleiro ribadense engadiu: “Concello e Acisa traballamos conxuntamente para dinamizar o comercio, a hostalería e o sector servizos e neste 2022 quixemos coorganizar o Nadal en Ribadeo”.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



