A Deputada de Muller e Igualdade subliñou que o Plan “xorde como expresión, unha máis, do firme compromiso deste Goberno coa loita en prol da plena igualdade e dos dereitos das mulleres, que non vai parar nunca”
Lugo, 27 de decembro de 2022. A Corporación provincial aprobou por unanimidade no Pleno ordinario celebrado este martes o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes na historia da Deputación de Lugo. O Goberno provincial, por iniciativa do Presidente, José Tomé Roca, marca así un fito no camiño cara a igualdade de xénero real e efectiva, sacando adiante co consenso de todas as forzas políticas e sindicais un instrumento de modernización da administración para seguir avanzando cara un sistema de xestión máis igualitario no ámbito laboral.
O mandatario provincial agradeceu a todas as persoas que fixeron posible a elaboración deste documento a súa implicación e traballo, como tamén o fixo durante a sesión plenaria desta mañá a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, quen explicou que se contemplan 7 eixos de actuación que abarcan todos os ámbitos, desde a selección de persoal á promoción, pasando pola política salarial, a ordenación do tempo de traballo e a conciliación.
María Loureiro puxo en valor que o Plan de Igualdade “é froito do diálogo e da cooperación”, pois os tres grupos da Corporación provincial acordaron nunha Xunta de Goberno sacar adiante o documento, elaborado no seo dun comité encargado de coordinar os traballos, formado polas deputadas de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e de Muller e Igualdade, por persoal das áreas de Recursos Humanos e de Igualdade, e por representantes sindicais dos traballadores e traballadoras da institución.
Loureiro subliñou que o Plan de Igualdade “xorde como expresión, unha máis, do firme compromiso deste Goberno coa loita en prol da plena igualdade e dos dereitos das mulleres”, en tanto que é un instrumento “para avanzar na xestión igualitaria no eido laboral, que é un dos eixos fundamentais da nosa realización como persoas”.
Neste sentido, a Deputada asegurou que o Plan “non é un punto de chegada, senón de partida, en tanto que vai axudar a detectar situacións, vai poñer de manifesto as posibles propias carencias e recoller elementos de mellora de cara ao futuro”. “O compromiso da Deputación coa igualdade, que hoxe marca un punto de inflexión moi importante, non vai parar nunca”, recalcou.
Entre as materias que aborda o acordo, asinado polas catro organizacións sindicais representadas na Deputación, está o proceso de selección e contratación, a clasificación profesional, a formación, a comunicación e linguaxe non sexista, as condicións de traballo, o exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral, a baixa representación feminina e a prevención do acoso sexual ou por razón de sexo.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



