Son aproximadamente o 25% das persoas que participaron na liña Enfoca o teu futuro deste programa impulsado pola institución provincial coa colaboración da Escola de Organización Industrial, no marco do que se realizaron un total de 26 accións formativas
Lugo, 11 de decembro de 2022. A Deputación de Lugo logrou a inserción laboral de 115 mozos e mozas da provincia grazas ao programa Reiníciate: enfoca o teu futuro, unha iniciativa que promove a institución provincial en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) que ten por obxectivo favorecer a empregabilidade das persoas mozas en profesións con alta demanda, como son as vinculadas coas novas tecnoloxías e a dixitalización, a través de formación gratuíta e prácticas remuneradas. Son aproximadamente o 25% das 463 persoas que participaron nas 26 accións formativas impartidas a día de hoxe.
Esta liña do Reiníciate, que comezou a primeiros de ano, contou con axudas dun importe total de 210.000€ para empresas e asociacións da provincia interesadas en contar con rapaces e rapazas de entre 16 e 30 anos en réxime de prácticas non laborais remuneradas.
Enfoca o teu futuro xa contou con formacións teóricas e prácticas que sumaron un total de 159 horas. Impartíronse de maneira semipresencial, dándolle ao alumnado un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo. A formación estivo dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica con contidos diversos como community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.
Dixitaliza a túa empresa
Por outra banda, mañá luns comezará unha nova edición da formación do Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, unha liña de formación e de asesoramento personalizado e gratuíto para axudar ás empresas a aproveitar os recursos das novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio. En total, xa participaron 320 persoas neste programa.
Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, impulsado tamén pola Deputación e a EOI, inclúe un acompañamento real, individualizado e personalizado para cada unha das empresas que decidan beneficiarse desta iniciativa, facilitando que cada unha delas teña o seu propio ritmo e un plan para dar resposta ás súas necesidades específicas da mellor maneira posible. A formación parte dende o punto no que estea cada negocio participante en materia dixital. En concreto, desenvólvense accións prácticas como a realización ou actualización da páxina web, a creación ou mellora das redes sociais, o posicionamento na rede, o márketing dixital ou a implantación de programas de xestión ou facturación, entre outras.




















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



