As instalacións permanecen pechadas ao público debido a un defecto estrutural na construción que supón risco para a seguridade das persoas
Barreiros, 28 de decembro de 2022. O Concello de Barreiros vén de conseguir o finanzamento da área de deportes da Deputación, dirixida por Efrén Castro, para o arranxo e mellora da pista de pádel, co que se poderá proceder á súa reapertura.
O deputado provincial visitou as instalacións, xunto coa deputada Mónica Freire, acompañados da alcaldesa, Ana Ermida, e membros do goberno municipal para coñecer de primeira man a problemática das mesmas; que permanecen pechadas tras detectarse un problema estrutural que conlevou a emisión dun informe técnico no que se advertía da perigosidade do uso das mesmas.
En base a dito informe, o goberno encargou un proxecto para o seu arranxo e buscou finanzamento para poder levar a cabo ditas obras; ao tempo que inclúe outras melloras que farán as instalacións máis accesibles. A alcaldesa explica que o investimento ascenderá a 56.126,33 euros, dos que o ente provincial aportará 53.320,01 euros e o Concello de Barreiros os 2.806,32 euros restantes.
Ana Ermida sinalou que “no proxecto redactado polos servizos técnicos municipais, ademais de subsanar os defectos existentes, aprovéitase para dotala de servizos para persoas con capacidades diferentes, converténdoa así no primeiro espazo deportivo inclusivo do concello de Barreiros. Ademais, inclúense as actuacións precisas para de facilitar e modernizar a xestión do uso desta instalación deportiva, instalando un sistema telemático de xestión de acceso que a converta en máis accesible dun xeito áxil e sinxelo para as persoas usuarias. E, por último, pero non menos importante, e en consonancia coa redución de gastos enerxéticos e a implantación do autoabastecemento que persigue o goberno municipal, proxéctanse as obras necesarias para poder acoller na instalación un sistema de placas solares que permitan o abastecemento enerxético da instalación, de xeito que nun futuro próximo poida converterse nun edificio municipal enerxeticamente sustentable”.
O concelleiro de dinamización, Dani García, encargado da área de deportes, agradeceu ao deputado a “colaboración para poder realizar este investimento nunha instalación que, tal e como se atopaba era imposible utilizar sen poñer en risco a quen a usase. Neste sentido, sinalou a importancia da contía do investimento, que supón un esforzo moi importante por poder recuperar unha instalación que inicialmente non cumpría os estándares de seguridade. O concelleiro quixo tamén recalcar a importancia da implantación do sistema de xestión de reservas mediante unha aplicación que permite ver en todo momento a ocupación da pista; realizando unha xestión da mesma de xeito transparente e que implica igualdade de oportunidade de acceso ao seu uso para toda a poboación, democratizando e popularizando, polo tanto, a práctica deportiva en dita instalación”.
Efrén Castro puxo en valor esta actuación pola ”importancia económica da mesma nun concello coma Barreiros e por compartir desde ambas administracións a importancia de o recuperar para o seu uso unha instalación deportiva municipal que permite a práctica deportiva ao aire libre nun dos núcleos do concello”.
Castro sinalou que “con estas actuacións, polo tanto, non só se recupera un espazo que permite á poboación en xeral (xa que o rango de idades nas que se realiza práctica de pádel é do máis amplo que existe) a práctica deportiva e, polo tanto, fomenta uns hábitos de vida saudables; senón que se dota a unha parroquia que carece doutras instalacións deportivas dun espazo para desfrute da mesma. E isto faise apostando pola inclusión (o que permitirá a celebración de eventos deportivos que integren á poboación en xeral con independencia das capacidades funcionais que posúan) e a redución e consumo e sustentabilidade enerxética; creando nunha parroquia de arredor de 700 habitantes un espazo deportivo moderno, sustentable e inclusivo”.
O prazo de execución da obra, segundo as previsións dos servizos técnicos que elaboraron o proxecto, estímase en nove meses desde a acta de comprobación de replanteo da obra.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.


