A institución provincial colabora co Concello chairego para a mellora deste espazo que servirá para darlle unha nova imaxe e facer máis accesible e cómodo para a veciñanza este espazo social
Lugo, 28 de decembro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, asinaron un convenio de colaboración para mellorar e humanizar o Campo da Feira do Viveiró. Un acordo a través do que a institución provincial achegará
409.000€ en dúas anualidades para acometer este proxecto que ascende a 460.000€, asumindo o Concello o 10% restante.
Tomé Roca indica que esta colaboración económica servirá para darlle unha nova imaxe e para facer máis accesible e cómodo para a veciñanza un espazo social tan importante como o Campo da Feira do Viveiró, que acolle eventos importantes para este municipio e para a comarca como pode ser a Feira do Mel”, sinalou.
O mandatario provincial subliñou que esta colaboración se suma “ás obras de reordenación e acondicionamento xa acometidas na Praza da Galeguidade desta vila, que financiou integramente a Deputación con 220.000€”. Un exemplo máis, segundo destacou, “da continua colaboración que dende a Deputación de Lugo prestamos ós 67 concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos ós seus veciños co obxectivo de fixar poboación no territorio”.
As obras
Con estas obras no Viveiró vaise recuperar o campo da feira orixinal, que ten unha superficie que supera os 3.670 m2, reordenando os usos e humanizando a contorna. Ademais, tamén se van acondicionar as estradas LU-P-3404 e LU-P-6502 que discorren por esta praza. O resultado final da actuación suporá a creación dun novo espazo de convivencia humanizado no que o peón cobrará protagonismo fronte ao tráfico rodado.
Vaise crear unha única zona cun firme de formigón, que estará dotado de novo mobiliario urbano. Este punto estará ordenado, indicando con claridade o viario destinado ao uso dos vehículos así como das zonas destinadas a aparcamento. Esta obra incluirá melloras en accesibilidade pensadas para persoas con mobilidade reducida ou carros de bebés. Así mesmo, renovaranse os servizos públicos como a rede de saneamento, pluviais, a rede de enerxía eléctrica, a rede de telecomunicacións e o alumeado público. Simbolizarase o Viveiró como o corazón do Xistral mediante o plantado de árbores en torno a uns círculos de céspede.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



