Así o anunciou hoxe no Parlamento de Galicia, a xerente do Sergas, Estrella López-Pardo
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022. A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, sinalou hoxe, na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, que a Xunta realizará, no vindeiro ano, un concurso de méritos de pediatría de atención primaria, onde se incluirán as dúas prazas de pediatría do centro de saúde de Viveiro. Tal e como remarcou a xerente do Sergas, a eficacia desta medida quedou patente na anterior convocatoria, onde un médico de familia asturiano conseguiu unha praza fixa e en propiedade neste mesmo centro de saúde de Viveiro.
Na súa intervención no Pazo do Hórreo, Estrella-López subliñou que a falta de pediatras é un problema que se está a dar a nivel de toda España, xa que é unha das especialidades identificadas como deficitarias por parte do Ministerio de Sanidade, e para ser máis concretos nos pediatras de atención primaria, o que dificulta a cobertura das prazas.
Dende a Xunta, proseguiu Estrella López-Pardo, estanse a tomar diversas medidas para poder solucionar a falta destes profesionais. Así, no relativo aos MIR de pediatría, o Executivo galego leva sete anos consecutivos ofertando o 100% das prazas acreditadas e, dende o ano 2019, aumentáronse as prazas formativas nun 35%.
Xunto ao anterior, o orzamento da Xunta para o vindeiro ano conta con máis de 1.500 millóns de euros só para atención primaria, dos cales máis de 570 son para persoal, unha suba de 137 millóns de euros.
Segundo explicou a xerente do Sergas, ante o déficit destes profesionais, e vista a experiencia da convocatoria por concurso de méritos dos facultativos especialistas de atención primaria, procedeu a incorporar as prazas de pediatría do primeiro nivel asistencial a esta modalidade de cobertura.
O Sergas seguirá a traballar, xunto coa área sanitaria de Lugo, na procura de pediatras tanto para substituír os profesionais de baixa como as vacantes que vaian quedando libres, pero a solución ao problema ten que ser estrutural, como é a cobertura das vacantes, -concluíu a xerente-.

























A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



