Ante as manifestacións realizadas polo Sr.Alcalde, don Edmundo Maseda, publicadas en prensa o día 11 de novembro, onde se me ofende como persoa atentando contra a miña dignidade, honor e credibilidade dunha maneira inxusta, quero facer público o seguinte:
Traballei durante 42 anos no Concello do Valadouro como administrativo, realizando con responsabilidade as miñas funcións e atendendo ós veciños da mellor maneira posible; son unha persoa sencilla, traballadora e honrada, creo que a estas alturas prácticamente todos os veciños me coñecen; por ese motivo o Sr.Alcalde me quixo levar na súa lista nas pasadas eleccións municipais e eu, ainda que non son política, aceptei para poder traballar polo meu pobo.
Creo que “pedir perdón ós veciños que votaron a nosa candidatura” por estar eu incluída nela está moi fóra de lugar. Non se sinta culpable, Sr.Alcalde, xa que gracias ós meus votos obtivo vostede catro concelleiros. A defraudada neste caso son eu.
En canto a que “non son de fiar”, recordarlle que cando vostede quixo negociar co BNG sabendo que eles non querían que eu formara parte do equipo de goberno, díxenlle que si era necesario eu me retiraba, pero vostede coa súa verborrea me fixo ver que non debía preocuparme, que eu levaría unha Concellaría importante dentro do equipo de goberno, cousa que non foi así, o final non xestionaba nada nin formaba parte do equipo de goberno, simplemente estar ahí asentindo sempre as súas propostas e traballando para Vde. Cómo iba a estar de acordo con semellante resultado desta negociación? Iso non quere dicir que “non teño palabra”, simplemente que fun enganada por Vde, e teño o meu dereito a estar en desacordo, o meu fallo foi confiar na persoa que tiña ó meu lado. Por iso renunciei a esa “Concellaría adscrita á Alcaldía”, que Vde me propoñia, tan importante que non existía antes nin existe na actualidade; non son unha “traidora” como vostede dí, simplemente teño dignidade e me comporto con responsabilidade, con respeto hacia min e hacia os demáis e por iso non permito que me humillen e me degraden como fai vostede cos seus comentarios.
Con respecto a que estou a propiciar “tormentas políticas”, dicir que non hai tormenta ningunha, o que hai é que tanto eu coma o resto dos concelleiros da oposición non estamos de acordo cunhas contas que nos presenta para suplementar o presuposto, porque non as consideramos reais por moito que vostede trate de xustificar, e claro, como vostede non está acostumbrado a que se lle leve a contra, sempre ten que ter a razón, agora rebótase de moi malas maneiras, como cando dí “está tan manchada que non hai auga que a lave”, expresión que me ofende gravemente.
E para rematar dicirlle que non fai falla dar máis explicacións nin comentarios a todo o que profire sobre a miña persoa, en canto á súa vostede mesmo se retrata.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



