Xove,14 de decembro de 2022. Os traballadores e as traballadoras de Insuíña acordaron este mércores nas asembleas celebradas en Xove e Mougás (Oia) desconvocar a folga prevista para os días 15, 16 e 17 de decembro. A decisión (que tamén supón a desconvocatoria do paro nas oficinas de Chapela) adóptase despois do laudo arbitral emitido no día de onte, no que o mediador insta a empresa a constituír a mesa e iniciar o proceso de negociación dun convenio colectivo propio, de igual xeito que xa existe noutros centros de traballo do grupo Nueva Pescanova.
Fronte ás pretensións da empresa de ir a un novo pacto de melloras das condicións laborais, no laudo arbitral apóstase pola negociación colectiva estatutaria dadas as garantías, a seguridade xurídica e estabilidade que achega un convenio colectivo. Na resolución tamén se pon en valor que nos pactos asinados coa representación social en anos anteriores, xa se recollía a vontade das partes de avanzar nun convenio colectivo propio que unificara as condicións dos tres centros de traballo de Insuíña.
De igual xeito, o arbitro apunta como prazo máximo para iniciar a negociación o primeiro cuadrimestre do ano 2023, instando a non demorar a constitución da mesa máis alá dese período. Pois non hai que esquecer que a representación do persoal de Xove e Mougás leva dende o ano 2016 pelexando polo dereito a ter un convenio propio e dende abril do pasado ano apelando a empresa para que sente negociar.
A finalización do pacto de melloras en 2020, as continuas escusas e a negativa reiterada de Insuíña a iniciar este proceso levaron as traballadoras e traballadores a aprobar un calendario de mobilizacións e a convocar tres xornadas de folga para esta mesma semana, que tería carácter indefinido a partir do día 19.
A representación da CIG en Insuíña subliña que o persoal leva anos coas condicións laborais, económicas e sociais conxeladas e mesmo perdendo dereitos con respecto aos compañeiros e compañeiras do grupo Nueva Pescanova e ao resto do persoal do sector.
Non hai que perder de vista que Insuíña é a única gran empresa dedicada a acuicultura en Galiza rexida polo convenio estatal, que contempla condicións inferiores ás que ten recoñecidas o persoal doutros centros de Pescanova e nin sequera responde ao funcionamento e ao traballo que se realiza nas piscifactorías galegas. De feito, a outra gran compañía do sector, Stolt Sea Farm, réxese por un convenio propio.
Fronte a esta precariedade, exercer o dereito a negociar de maneira directa e en Galiza as súas condicións laborais e salariais é o que reclaman os traballadores e traballadoras de Insuíña. Agora, tras o laudo favorábel as súas demandas, toca seguir na loita para conseguir un convenio colectivo realmente digno.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



