Rosa Quintana lamenta a falta de empatía e a intransixencia mostradas pola Comisión Europea cara os esforzos realizado pola frota e a adopción de medidas que complican o seu labor como o veto á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias
Bruxelas, 13 de decembro de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou hoxe que o resultado do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea no que se fixaron os totais admisibles de capturas (TAC) e cotas para 2023 en augas comunitarias é negativo para Galicia e España pois apenas supón avances en relación coa proposta inicial presentada pola Comisión Europea.
A titular de Mar, que estivo seguindo co sector desde Bruxelas o avance dos debates malia non formar parte da delegación negociadora española -composta polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Goberno cántabro en representación das comunidades autónomas españolas-, lamentou que neste cumio non se acadase ningún dos obxectivos marcados para atender as necesidades da frota galega e española.
Rosa Quintana lamentou que, tras tantas horas de negociación -foi un dos Consellos de Ministros de Pesca máis longos dos últimos anos-, os avances fosen escasos e España volvese practicamente como foi a Bruxelas, coa maioría de propostas iniciais que facía a Comisión Europea intactas e baseadas exclusivamente nos informes científicos, sen ter en conta os aspectos sociais e económicos.
A representante da Xunta salientou que nas especies de gran impacto que partían cunha proposta moi negativa de cero capturas, non se avanzou en gran medida. No caso do xurelo do Cantábrico e de Gran Sol, fronte a esa proposta de peche da pesqueira, estableceuse un TAC de 15.000 toneladas (3.000 para España), o que supón un recorte do 80% en relación con 2022. Ademais esa cota queda condicionada á pesca accesoria, o que pode impedir a súa captura pola frota de cerco, e sen flexibilidades interanuais nas posibilidades de captura nin aumentos nos intercambios entre as zonas norte e sur.
No caso da anguía, que na actualidade contaba cunha veda de tres meses, agora establécense dúas vedas trimestrais, unha obrigatoria entre novembro de 2023 e xaneiro de 2024 e outra a elixir entre os meses de marzo e setembro de 2024. No caso da angula, tamén contará con dúas vedas trimestrais para velar polo estado do recurso.
O balance global dos TAC e cotas para 2023 supón un aumento das posibilidades de pesca do 25%, pero baseado fundamentalmente na proposta inicial realizada polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) e que foi asumida pola Comisión Europea. Destaca a suba da pescada en augas ibéricas -que duplica a cota de 2022- unha vez corrixido o erro que tiñan os científicos no modelo matemático de avaliación do seu estado e que supuxo nos últimos anos recortes nas posibilidades de pesca desta especie.
Entre os incrementos tamén están a mellora do 12% no peixe sapo e do 33% no rapante de augas ibéricas así como a repunta do 15% no xurelo da zona sur, entre Fisterra e o golfo de Cádiz. A maiores o acordo permitiu manter as cotas de captura do linguado e do abadexo en augas do Cantábrico, para os que inicialmente se propoñía un recorte do 10%.
A titular de Mar lamentou que non se producisen maiores avances e que as negociacións da delegación española coa Comisión Europea non desen un mellor resultado para a frota galega e española. Neste sentido, subliñou tanto a escasa empatía como a intransixencia mostrada polo Executivo comunitario e a nula consideración dos esforzos realizados polo sector nos últimos anos para manter en bo estado as pesqueiras.
Na mesma liña, Rosa Quintana destacou que o resultado deste Consello de Ministros de Pesca da UE pode supoñer certas complicacións para o desenvolvemento da actividade por parte da frota de cerco -froito do axuste no xurelo do norte-, unha dificultades que se engaden ás que xa está a sufrir a frota de palangre de fondo como consecuencia do veto fixado por Bruxelas en 87 áreas de augas comunitarias.
Augas compartidas co Reino Unido
As negociacións desenvolvidas entre o pasado domingo e esta madrugada tamén serviron para establecer que nos caladoiros de augas compartidas co Reino Unido se fixan cotas provisionais proporcionais ao TAC deste ano á espera de que se acade un acordo entre a Comisión Europea e o Goberno británico. Esta medida pretende dar estabilidade á actividade do sector mentres non hai unhas cotas definitivas.
A titular de Mar lamentou que, unha vez máis, a Comisión Europea deu prioridade aos aspectos medioambientais fronte aos sociais e os económicos e apelou á necesidade de que haxa un equilibrio neses tres aspectos para garantir tanto o bo estado dos recursos como o mantemento da actividade da frota.
Ante esta situación, Rosa Quintana incidiu en que Galicia seguirá a traballar da man do sector co obxectivo de que poida desenvolver o seu labor con normalidade e seguir demostrando ás autoridades europeas que realiza unha pesca responsable, o que permitiu que a maioría dos caladoiros nos que faena se atopen no rendemento máximo sustentable (RMS), o nivel óptimo de capturas que se pode extraer dunha poboación sen prexudicar o estado do recurso.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



