Riotorto, 28 de decembro 2022. O BNG de Riotorto continuou esta mañá coa recollida de sinaturas en defensa da sanidade pública e da restitución da atención médica no centro de saúde, que desde o pasado 12 de decembro non conta cun servizo continuado ao non cubrir o Sergas a ausencia de ningún dos dous facultativos titulares.
A forza nacionalista responsabiliza “a Xerencia da Área Sanitaria da falta de atención a 1.200 veciñas e veciños que levan tres semanas sen contar cunha asistencia sanitaria normalizada, con demoras nas consultas e na xestión de receitas, que se acumulan para as horas soltas nas que hai algunha médica ou médico no centro, e co 061 como alternativa para unha urxencia”. En suma, explican, “unha situación insostible, que xoga coa saúde das persoas”.
O BNG continuará coa campaña durante os vindeiros días, con recollida de sinaturas e puntos informativos nas distintas parroquias do concello. “As veciñas e veciños están demostrando que non se resignan a este deterioro da sanidade pública que o Partido Popular quere para Riotorto”.
O grupo nacionalista pregunta “onde están o alcalde e o goberno municipal que, ante a maior agresión aos servizos sanitarios do concello nestes últimos anos, se esconden detrás do BNG e da veciñanza, en lugar de esixir solucións aos responsables da xestión sanitaria do seu propio partido. Recuperar os servizos sanitarios debería ser agora mesmo a única ocupación do goberno municipal”.
Iniciativa no Parlamento Galego
O BNG levará ao Parlamento Galego a situación dos servizos sanitarios no Concello de Riotorto. A través dunha iniciativa na cámara galega, a forza nacionalista reclamará á Xunta de Galicia persoal para cubrir as dúas prazas de médico coas que conta o centro de saúde e garantir a súa continuidade.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



