Patricia Otero alerta de que esta mesma semana “só hai pediatra dous días” para atender aos 1.600 nenos e nenas de Viveiro, Ourol e O Vicedo
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022. A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á Consellería de Sanidade que garanta os dous pediatras que lle corresponden ao Centro de Saúde de Viveiro. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade na que alertou da desatención sanitaria nun Centro de Saúde que atende a 1.600 nenos e nenas de Viveiro, Ourol e O Vicedo, e que esta mesma semana só contará con pediatra durante dous días.
Otero levou ao Parlamento a situación “inaceptable” da situación sanitaria para os menores nesta localidade, que logo de “longas temporadas” tan só cun dos dous pediatras que lle corresponden, en novembro agravouse cando “chegaron a faltar os dous profesionais”. Daquela a primeira data dispoñible remontábase a mediados de decembro, mentres o Sergas recomendaba derivar aos menores ao servizo de Urxencias do Hospital de A Mariña.
A situación derivou nunha ampla manifestación diante do Centro de Saúde reclamando a cobertura estable das dúas prazas, mentres o Centro de Saúde afrontaba a semana dos festivos do Día da Constitución e a Inmaculada Concepción sen ningún pediatra no centro en plena época de catarros e gripes. Sinalou que “hai familias con nenos pequenos con patoloxías que necesitan do seu médico, e vostedes estanlle a dicir que non se poden acostumar a ter pediatra en tódolos centros”.
Patricia Otero sinalou que a situación de hoxe demostra as consecuencias de 13 anos de “mala planificación” da xestión sanitaria por parte do goberno galego, e responde á folla de ruta marcada pola dirección do Sergas. Lembroulle á nova xerente, Estrella López – Pardo, que foi ela en primeira persoa quen debullou o seu obxectivo nunha entrevista en outubro, sinalando que “La población tiene que entender que no podrá haber pediatra en cada Centro de Salud”.
Explicou que agora mesmo hai 192 concellos sen servizo de Pediatría, que non só seguirán así, senón que “a súa intención é recurtar e eliminar pediatras nos Centros de Saúde” que aínda o teñen, nos que “periga pola súa mala planificación” sanitaria.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



