José Manuel Balseiro avogou por continuar cun desenvolvemento eólico ordenado en Galicia, cumprindo a lexislación vixente e facéndoo compatible coa protección do medio ambiente
Compostela, 2 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o voto favorable do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta e ao Goberno de España a tramitar coa maior axilidade os proxectos eólicos da súa competencia, especialmente aqueles declarados como iniciativas empresariais prioritarias, que conten con permiso de acceso e conexión firme e vixente, e cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial en Galicia, vinculando estes proxectos a garantir polo menos o 50 por cento do consumo de enerxía do devandito centro, nomeadamente no caso de planta de Alcoa en San Cibrao. Así mesmo, pídese un compromiso claro do Goberno central, a Xunta e Alcoa para garantir a reactivación da planta de San Cibrao, así como establecer un marco enerxético competitivo que garanta o futuro da produción de aluminio primario.
O deputado popular José Manuel Balseiro manifestou que a Xunta “quere seguir demostrando con feitos a súa máxima implicación cun desenvolvemento eólico ordenado en Galicia, cumprindo todas as directrices que marca a lexislación vixente, facendo que sexa compatible coa protección do medio ambiente e prestando especial atención aos proxectos vencellados coa industria”.
IMPLICACIÓN DO GOBERNO DE ESPAÑA
“Queremos esta mesma implicación e compromiso por parte do Goberno de España, tramitando en tempo e forma os parques eólicos de máis de 50 megavatios que dependen da súa xestión e vinculados á industria, sen ignorar a existencia dun Plan Sectorial Eólico en Galicia, que determina cales son as áreas de desenvolvemento eólico permitidas”, sinalou.
No caso concreto de Alcoa, Balseiro subliñou as “certezas que ofreceu a Xunta, como achegar unha axuda de preto dun millón de euros para a mellora da eficiencia enerxética desta factoría, autorizando e declarando a excepcionalidade de todos os parques eólicos que a empresa precisa para obter enerxía a prezos competitivos e, por último, priorizando aqueles proxectos que destinen máis do 50 por cento da súa enerxía á industria galega”.
“Pero tamén é necesario o compromiso do Goberno de España con Alcoa e con toda a industria galega, autorizando os 13 parques eólicos vinculados aos seus proxectos de futuro, que suman máis de 1.100 megavatios”, indicou o portavoz popular. Por este motivo, a través da proposición non de lei aprobada hoxe pídese que garanta a axilidade na tramitación dos proxectos eólicos cuxa autorización é de competencia estatal, que adopte todas as medidas que permitan dar prioridade ás instalacións que subministran electricidade á industria, que active o PERTE para descarbonizar a industria electrointensiva, e, por último, que denegue os proxectos que están fóra das áreas de desenvolvemento eólico, salvo aqueles para os que a Xunta declarou a excepcionalidade en base á Lei eólica galega.
Para rematar, José Manuel Balseiro criticou “a obsesión do BNG contra os eólicos desatendendo unha realidade innegable: os traballadores de Alcoa, e da industria electrointensiva en xeral, non poden ter futuro se non se garante un prezo eléctrico competitivo”. Así, lamentou que os nacionalistas galega “actúan sempre igual: agárranse ás pancartas e din estar xunto cos traballadores, pero despois bloquean as posibles solucións con plataformas teledixiridas en contra dos parques eólicos, forzando ás empresas ao peche por incapacidade de produción”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


