O equipo laranxa empeza gañando pero o Ejido cola dous goles a metade do encontro e Pitero empata a dous minutos do final
Burela, 10 de decembro, 2022. O Pescados Rubén Burela FS xogou hoxe ás 16.00 horas no Vista Alegre contra o Inagroup CD El Ejido Futsal, un encontro que se prevía perigoso e que o Burela FS soubo defender levándose un punto na clasificación.
Na primeira parte o Pescados Rubén móstrase bastante superior ao rival, con numerosas oportunidades, de Rikelme, varias de Pazos, Lucho,… pero sen conseguir o gol ata o minuto 16 no que David Pazos consegue o tanto que lles dará o 1-0 que se manterá ata o descanso, aínda que podería ser mellor para o Burela de haber encaixado algunha das moitas oportunidades que tivieron durante toda a primeira parte.
Na segunda parte, máis igualada, de novo Pazos, busca o 2-0 cun tiro a porta directo que o porteiro suplente Manolo (que non xugou na primera e destacou na segunda) detén cun paradón que impide ao Burela conseguir o segundo tanto. No minuto 23 e después de varias veces utilizando a mesma estratexia saíndo o porteiro de forma frontal ata case a área do equipo local, o mismo Manolo cola un gol que rompe o claro dominio do Pescados Rubén. Aínda que os laranxas continúan tendo máis oportunidades durante a segunda parte, o Ejido FS móstrase máis centrado e volve a sorprender con outro gol de Juan Emilio no minuto 32. Finalmente o Burela FS recorre ao porteiro-xogador con Isma e consegue empatar o partido no último minuto cun gol de Pitero.
David Rial, entrenador do Pescados Rubén Burela FS, afirma que lles “faltou algo de chispa” y que lles custou atopar o gol trais as numerosas oportunidades que tiveron, sobre todo na primeira parte, se algunha hubese sido acertada o resultado no descanso podería haber cambiado o partido. Son nove xornadas seguidas sen perder e esperan poder rematar o ano con 3 puntos máis a semana que vén contra El Valle.
Ficha Técnica:
Pescados Rubén Burela FS: M.Kaluza (P), Pitero, Isma, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial- Lucho, Bruno Expósito, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).
Inagroup CD El Ejido Futsal: Jesús (P), Chus, Nacho Gil, Pipi, Juan Emilio – cinco inicial-, Josete, Motos, Peña, Cola, Pele, Armando, Manolo (P)
Goles: Min.15 David Pazos 1-0; Min.23 Manolo 1-1; Min.31 Juan Emilio 1-2; Min.38 Pitero 2-2.
Equipo Arbitral: Jesús Montero Galán, Daniel Ontañón Ramos, Jorge Otero Mira, Patricia Doval Rodríguez.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


