Foz, 21 de decembro de 2022. Cos votos favorables de todos os concelleiros excepto os do Partido Popular, que se abstiveron, o pleno da corporación municipal de Foz vén de aprobar hoxe, mércores, que a concesionaria da residencia de maiores, Idea, siga a prestar o servizo despois do 16 de xaneiro, ao ser un servizo considerado esencial e por razón de interese público. Saíu ademais adiante o acordo para demandar a titularidade do inmoble da residencia ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (Xunta de Galicia) e “superar a situación de bloqueo que está a exercer o goberno autonómico, que abandonou completamente un servizo que é da súa competencia e responsabilidade e que non quere asumir unha vez finalizado o convenio asinado co Concello”, explicou o alcalde, Fran Cajoto.
O rexedor municipal demandou do voceiro popular, Javier Castiñeira, que “se poña do lado das veciñas e veciños de Foz e que facilite unha reunión coa conselleira de Política Social, que o Concello pediu por escrito, en persoa ao delegado territorial da Xunta e por vía telefónica á propia secretaria da conselleira: pedímoslle a Javier Castiñeira altura de miras, que non bote gasolina a un problema que xerou no anterior mandato, ao asumir unha competencia impropia e unha residencia que non era súa. O bloqueo da Xunta é incomprensible e inadmisible”. Pero Castiñeira negouse en varias ocasións a contactar coa Xunta para facilitar unha reunión, na que o alcalde lle ofrecía participar, e o PP abstívose na votación deste asunto.
Respecto ás declaracións do director xeral de Idea en prensa, o alcalde asevera que “se atenderon e se atenderán as demandas da empresa cando e como proceda, actitude que non mudou en ningún caso. No pleno de abril de 2021, despois dos cálculos realizados polos técnicos municipais e unha empresa contratada para tal fin, resarciuse á concesionaria Idea con 36.064,57 euros, dos máis de 142.000 que inicialmente reclamaba, cos votos favorables de todos os concelleiros excepto o PP, que se abstivo. Este ingreso foi motivado polo peche obrigado do centro de día durante a pandemia. Sempre imos proceder a aboar o que é xusto e corresponde, cos preceptivos informes, como administración responsable que somos e garante de fondos que non son nosos, senón de todas as veciñas e veciños. Nós estamos aquí para defender aos residentes e aos traballadores, traballadores aos que a concesionaria lles debe parte da súa remuneración. O Concello é o garante da súa praza de residencia e dos seus postos de traballo fronte ao Consorcio, que pretendía xestionar unha residencia baleira. Non sabemos que intereses defende o Partido Popular, aínda que o sospeitamos”.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



