A coordinadora de promoción local, Marta Saiz explica que desde o grupo popular presentouse unha moción a inicios da lexislatura onde se pedía medidas para facer labores de mantemento e conservación, así como o propio centro de interpretación
Ribadeo, 22 de decembro de 2022. O goberno local do BNG vén pedir unha subvención dos fondos europeos do Next Generation para a creación dun centro de interpretación no forte de San Damián baixo o nome Ribadeo Cara ao Mar e co que se pretende poñer en valor todo o patrimonio relacionado co mar. Desde o grupo popular esperan que esta noticia non “quede nunha promesa electoral ou promoción política para evitar tempestades”.
O grupo municipal popular de Ribadeo recibe a noticia como “unha boa nova” pero apuntan que “non era sen tempo”. A coordinadora de promoción local dos populares, Marta Saiz explica que “ despois de preto de 20 anos anuncian que pediron unha subvención, levoulles 20 anos pero déronse conta, ou quizais lles fixeron dar conta da importancia deste edificio para Ribadeo”.
Os populares levan pedindo desde o inicio de lexislatura, a través de mocións, a creación dun centro de interpretación, así como o acondicionamento e conservación do forte de San Damián, un edificio emblemático. ”Un edificio cheo de historia, coas súas salas baleira e cero planificación de exposición. A única utilidade que ten hoxe en día é para bodas, pero de vez en cando, so se o forte non está engulido pola maleza. É totalmente vergoñento o estado no que se atopa as maquinarias de Riberas del Eo y de la Comarca del Eo, sen sequera ter o mantemento apropiado” engade Saiz.
Para a coordinadora de promoción local, esta medida vén da man das innumerables queixas dos veciños e dun movemento en redes sociais no que se criticaba o abandono do forte e a súa falta de conservación. “Man de Santo. A verdade é que estes movementos en redes sociais e vísperas de eleccións é a mellor combinación para espertar a un goberno durmido e ausente”, di.
PROMESAS BALEIRAS
Por outra banda, os populares lembran que na mesma zona prometeron arranxar o acceso á praia do Cargadeiro, un asunto que ata o momento non hai novidades. “Que non esquezan esta promesa, veremos co tempo se é electoral ou non, porque sen tempo non vai sendo xa que os veciños están fartos de que se lles tome o pelo nun asunto que levan moito tempo demandando”, apunta Marta Saiz.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



