O escrito enviado pola Asociación de Veciños de Ove con oito puntos que constan coas necesidades máis urxentes demandadas polos veciños. Os asuntos a resolver van dende a necesidade de conexión á rede de sumidoiros dos barrios do Chao, Eirexa e Santa Cruz ata a limpeza e acondicionamento de camiños e cunetas
Ribadeo, 9 de decembro de 2022. O grupo municipal popular de Ribadeo reclama ao goberno do BNG a contestación a un escrito presentado pola Asociación de Veciños de Ove en relación as necesidades máis urxentes da parroquia ribadense.
Para os populares é a obriga dun representante público estar en contacto e dar respostas aos problemas que teñen os veciños, e sobre todo nas parroquias que están totalmente abandonadas.
“Desde o noso grupo entendemos que temos que estar ao lado dos veciños e estar en contacto permanente con eles e coa asociación, pois ao final esa é a nosa forma de traballo. Nós vamos a intentar axudarlles en todo o que poidamos, pero desde a nosa posición é moi difícil xestionar máis inversión que o goberno do BNG, aínda que nalgúns casos é o que está a acontecer.” destaca o voceiro popular, Dani Vega.
DEMANDAS URXENTES
O voceiro explica que o escrito foi enviado pola Asociación de Veciños de Ove o 6 de xullo deste ano, e ata o momento non hai resposta por parte do goberno do BNG. “Son oito puntos nos que se reclama unha serie de inversións na parroquia e solucionar problemas do día a día que acontecen nela” di Vega.
O escrito establece que o día 5 de xullo de 2022 celebrouse unha Asamblea Xeral da Asociación para remitir as demandas presentadas polos veciños. Entres elas está a necesidade urxente da conexión á rede de sumidoiros nos barrios do Chao, Eirexa e Santa Cruz, o empalme na canalización que abastece de auga á area recreativa de Santa Cruz para instalar unha canalización que de servizo ás vivendas que non lles chega a auga.
Por outra banda, expoñen tamén a urxencia na reparación de pistas, asfalto e limpeza de cunetas en diferentes camiños das parroquias, a colocación de dous puntos de luz en estradas moi frecuentadas, pintar o muro do cemiterio, o selado do pozo da fonte do Valín pola perda de case toda a auga que recibe, levar a debate o cambio do nome do barrio da Chousa que co cambio realizado polo Concello pasou a denominarse simplemente Ove e a limpeza e acondicionamento do camiño que vai desde a casa da Carballeira ata a rotonda da Vilavella.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



