Ribadeo, 19 de xaneiro de 2023. O alcalde, Fernando Suárez, asinou un Bando para informar á poboación das medidas que deben aplicar para evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas coas silvestres de calquera especie por mor da situación epidemiolóxica en España da Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade, é dicir polo risco de gripe aviar.
No Bando o rexedor sinala “que dende a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia remitiuse a este Concello Comunicación de situación de risco en relación á influencia aviaria en aves solicitando a súa difusión entre todos os veciños e veciñas de Ribadeo. No referido escrito establécense unha serie de medidas que se deben aplicar co fin de evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas con aves silvestres de calquera especie por mor da situación epidemiolóxica en España con respecto á Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade (IAAP), destacando que o Concello de Ribadeo está clasificado como zona ZEV, isto é, cun risco alto”.
E engade que “para maior comprensión desta problemática e das medidas a tomar, xúntase a comunicación recibida ao respecto por parte da Consellería do Medio Rural. Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar coa referida Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, nos teléfonos 981 544 777 – 881 999 070 ou no correo electrónico mediorural.dxgaia@xunta.gal”.
Na comunicación enviada desde a Xunta ao Concello sublíñase que “se prohibe a cría de aves ao aire libre: todos os propietarios de aves deben recluílas en instalacións pechadas a cuberto. Queda prohibido o uso de reclamos de caza con aves do tipo parrulos, gaivotas e similares. Queda prohibida a cría de parrulos, ocas e gansos xunto con outras especies de aves de curral. Prohíbese darlles ás aves de curral auga procedente de depósitos superficiais, fontes ou outras orixes ás que puideran ter accedido aves silvestres. Quedan prohibidas as concentracións de aves de calquera tipo, comerciais ou non, tanto de aves de curral como doutras distintas a estas. E é obrigatoria a inscrición dos currais familiares de autoconsumo no rexistro galego de explotacións avícolas da Consellería de Medio Rural”.
Tamén hai recomendacións para as persoas relacionadas con granxas avícolas comerciais e sinalan que “é moi importante trasladar aos cidadáns que o serotipo do virus IAAP circulante actualmente é o H5N1, cunha elevada mortalidade entre as aves, pero sen evidencias de potencial zoonótico, é dicir de transmisibilidade ás persoas”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



