50 minutos coas primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura infantil e xuvenil.

Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz. Teñen programadas dúas visitas guiadas: unha ao Forte de San Damián e outra á granja Pedro Murias. O xantar terá lugar no Parador de Turismo e os coches estarán aparcados no Parque de San Francisco para que as persoas que o desexen poidan velos esta tarde. O rexedor subliñou que "estamos diante doutra fin de semana chea de actividades en Ribadeo. Deporte, coches antigos e música para animar o sábado e o domingo na nosa vila".
O conselleiro do Mar asistiu este sábado á cena-gala da entidade Saúde Mental ‘A Mariña’.
O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde, Dani Vega, que destacou que "Ribadeo segue traballando para ser sede de moitos cogresos, algo que contribúe á desestacionalización do turismo e a posicionar o nome de Ribadeo na celebración deste tipo de eventos". A xuntanza do Rotary desenvolveuse no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982 560 486.
Durante a xornada matutina recibiron clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno. Xa pola tarde, no Auditorio Fuxan os Ventos, o grupo de danza da EMMeD subiu ás táboas xunto cos demais centros convidados, no que foi o peche desta xornada de confraternidade.
A organización estima que se porán á venda unhas 18.000 filloas ao longo do día. Este ano ofreceranse tamén ao público filloas sen glute e haberá degustacións do produto acompañado de crema de cacao, nata ou mel. Unhas 145 persoas colaborarán durante toda a xornada para celebrar a festa, impulsada pola mesma comisión organizadora da Moexmu 2025.
As crianzas de 3 a 6 anos, poden facer o seu marcapáxinas orixinal. As crianzas de 7 a 11 anos, deben continuar o relato que se inclúe no cartaz. As persoas de 12 anos en diante, poden escoller entre contar unha anécdota familiar ou seguir a historia que aparece no cartel. O prazo remata o 30 de abril para presentar os traballos a través do correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683315939.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital