Os Reis, que chegaron un pouco antes do comezo da Cabalgata, fixeron unha visita previa aos maiores da Residencia San Bartomeu. A Cabalgata saiu ás 19:00 horas da nave-almacén do Concello (ao carón do Campo Municipal) e rematou, coma sempre, no Pavillón de Deportes. Unha vez finalizada, todos os participantes desfrutaron da música cunha Disco-Móbil.
A Cabalgata de Reis puxo final ao amplo programa de actividades organizado pola concellería de Cultura do Concello de Xove