A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a entidade Saúde Mental A Mariña que puxo en marcha este proxecto que cumpre este mes o seu 4º aniversario
Cervo, 18 de xaneiro de 2023. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Cervo as instalacións da entidade Saúde Mental A Mariña, onde, ademais de poñer en valor a atención que presta ás persoas afectadas con esta enfermidade, destacou o traballo que realiza na vivenda tutelada de Burela dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental e aos seus fillos e fillas. No ano 2019 púxose en marcha este proxecto, pioneiro en España, no que se garante acollemento, atención e recuperación a estas persoas nun espazo seguro e con servizos especializados.
A titular de Igualdade da Xunta sinalou o importante labor que o colectivo realiza, sinalando que estas mulleres ven como, en moitas ocasións, se cuestiona a súa denuncia por violencia de xénero pola súa diagnose médica. “Para rachar cos prexuízos e estigmas é clave dar visibilidade á enfermidade mental e apostar por espazos como a vivenda tutelada que esta entidade xestiona en Burela”, apuntou.
Este recurso, que a Xunta apoia con 140.000 euros anuais, atendeu desde 2019 un total de 26 persoas (24 mulleres e 2 menores). A vivenda forma parte da Rede autonómica de acollemento para mulleres vítimas de violencia de xénero e menores ao cargo que ofrece na actualidade 84 prazas nas tres casas de acollida (A Coruña, Ferrol e Ourense), nas tres vivendas tuteladas (Lugo, Burela e Chantada) e no centro de emerxencia de Vigo.
A Xunta desde 2009 destinou 4,8 millóns de euros a estes centros onde se atenderon desde entón un total de 3.668 persoas (1.985 mulleres e 1.683 menores).
Lorenzana, para rematar, insistiu na necesidade de visibilizar o traballo que realizan entidades como Saúde Mental A Mariña que naceu en 1999 grazas a un grupo de cinco familias da contorna e que hoxe en día presta recursos e un tratamento personalizado e integral, tanto de atención como de recuperación, ás vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental que lles axuda a rachar con círculo de violencia.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



