Viveiro, 3 de xaneiro, 2022. As xuntanzas que programa o BNG nas diferentes parroquias do concello baixo o lema “cóntallo ti”, facilitan á veciñanza o encontro en persoa cos membros da formación nacionalista e a súa portavoz, Míriam Bermúdez. Nesta ocasión, a veciñanza que acudeu ao “Contallo ti” en Xunqueira, reclamou a mellora dunha vez por todas da zona de Verxeles.
Hai xa dous anos, en novembro de 2020, o BNG rexistraba unha moción en pleno para cambiar a situación de abandono e desastre urbanístico na que se atopa a zona de Verxeles, que suma abandono e falta de planificación nas poucas actuacións que aqui se levaron a cabo, traendo como resultado un lamentábel e perigoso estado das beirarúas, esvaradías e totalmente irregulares en anchura e desnivel. Varios veciños asistentes afirmaron que “en Verxeles é complicado até andar, producíndoses numerosas caídas e accidentes, tamén para entrar aos garaxes os coches rascan defensas e baixos”.
Míriam Bermúdez non puido máis que confirmar as palabras da veciñanza e asegura “que se quedaron cortos, con beirarúas sen continuidade e aparcamentos co asfalto levantado, a terra ou ser ordenar nin pintar”. Tamén destacou a “baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións, sen visibilidade e que provocan encontros repentinos e inesperados.”
“Faise necesario estudar a posibilidade de establecer como sentido único o remate da Travesía Verxeles á súa saída pola Carnizaría de Xunqueira, onde se une coa Avenida Xunqueira, pois o remate deste vial é estreito non permitindo o encontro de dous vehículos”, afirma Míriam Bermúdez, así como tamén “a esta situación hai que sumar o descontento da veciñanza pola ubicación dos colectores do lixo, ao lado da fonte de Xunqueira e os bancos, nos que se reúnen as persoas tendo que aguantar malos olores ademais da contaminación visual que provocan.
-Se informe se se ten feito o estudo para rehabilitar a zona de Verxeles así como a búsqueda de fondos.
-Se cambien de ubicación os colectores do lixo da fonte de Xunqueira.
-Se estude a posibilidade de establecer como sentido único, entrada ou saída, a Travesía Verxeles.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



