Ribadeo, 31 de xaneiro de 2023. Hoxe foi entregado o premio non presencial da XII Festa do Comercio de Acisa de Ribadeo. O afortunado con 250 euros en vales de compra é un veciño da localidade asturiana de Tapia de Casariego. Manuel Ángel Pérez López disporá de dous meses para poder gastar o seu premio nos locais asociados a Acisa.
En total a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu 4.000 euros en vales de compra na XII Festa do Comercio, que se celebrou o pasado 14 de xaneiro nunha carpa instalada no parque de San Francisco, “unha cita que reuniu a milleiros de persoas despois de dous anos sen poder realizarse por mor da pandemia da covid”, explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Os premios repartidos entre catro afortunadas ribadenses foron: 1 de 2.000 euros, 1 de 1.500 euros, 1 de 500 euros e 1 de 250 euros, que foron entregados o día do sorteo. “Quedaba por aparecer o premio non presencial. Manuel Ángel Pérez púxose hai uns días en contacto con nós e hoxe recibiu o seu premio, 250 euros en vales de compra para consumir no comercio, na hostalería ou no sector servizos de Ribadeo”, engadiu Pérez Prada.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “na asociación estamos encantados de ter entregado todos os premios postos en xogo na XII Festa do Comercio. É unha pequena axuda para os negocios locais, aos que as afortunadas e o afortunado se dirixirán a realizar as súas compras ou a gozar da hostalería local”.
Cruzado Iglesias animou “á xente de Ribadeo e da contorna a seguir apoiando e apostando polo comercio local. Os pobos precisan negocios para ter vida propia e o noso pobo, afortunadamente, segue sendo un polo de atracción para as emprendedoras e os emprendedores”. E engadiu: “con todas e todos eles agardamos contar en Acisa Ribadeo. Sempre é un bo momento para asociarse e pasar a formar parte da grande familia desta asociación e así beneficiarse de todas as campañas organizadas, dos convenios asinados e do asesoramento diario que lles ofrecemos ás empresas socias”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



