Ribadeo, 22 de febreiro de 2023. O Teatro acollerá a Festa do Freixó do 24 ao 26 de febreiro. O recadado irá destinado á organización da excursión de fin de curso do alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “aínda nos quedan un par de citas dentro da programación do Entroido de Ribadeo 2023. Unha delas é a Festa do Freixó. Pareceunos, aos organizadores, que deberíamos apostar dalgún xeito por manter esta tradición e unha boa maneira pode ser esta, axudando a algún colectivo como é o caso do grupo de pais e nais do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, que están a traballar na organización da viaxe de fin de curso do alumnado de 4º da ESO”.
A Festa do Freixó terá lugar o venres, día 24, de 18 a 22 horas. O sábado o horario será de 11 a 14 horas pola mañá e de 18:00 a 00:00 pola tarde noite. E xa o domingo será de 11 a 14 horas.
A edil ribadense dixo: “animamos a ribadenses e visitantes a saborear os freixós en Ribadeo durante toda a fin de semana”.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, indicou que “a outra grande cita pendente do Entroido ribadense é a Queima, prevista para o vindeiro sábado, 25 de febreiro, na avenida Rosalía de Castro. Agardamos que o tempo acompañe e que poidamos despedir o Entroido como se merece”. A comitiva fúnebre sairá das inmediacións da Casa do Concello ás nove da noite acompañada das viúvas e viúvos e das charangas locais Aturuxo e A Choca. A Queima desenvolverase no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche de festa.
Concello e Acisa fan un balance positivo do desfile que tivo lugar na tarde-noite de onte: “queremos dar as grazas a todas e a todos os participantes, que encheron de cor, de música e de bo humor as rúas de Ribadeo durante toda a tarde. Grazas a todos os voluntarios polo traballo realizado e tamén a todos os colaboradores, entre os que se atopan persoas anónimas e tamén empresas, que doaron premios para contribuír a darlle realce ao Entroido ribadense”.
En engadiron: “e grazas tamén ao persoal do Concello e de Acisa, que levan semanas de intenso traballo para que tradicións coma esta non se perdan. Hai que lembrar que tivemos que facernos cargo da organización do Carnaval en Ribadeo, porque non había comisión algunha disposta a facelo. Sería fantástico que un grupo de veciñas e de veciños de Ribadeo amantes desta festa deran un paso adiante e dixesen, aquí estamos dispostas e dispostos a organizar o Entroido 2024”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


