A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, presentou as recentes convocatorias de axudas ao emprego 2023 aos graduados sociais de Lugo
Lugo, 15 de febreiro de 2023. A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, presentou hoxe no Colexio de Graduados Sociais de Lugo as seis principais liñas coas que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a apoiar o traballo autónomo, as contratacións nas empresas e en entidades da economía social. No que vai de ano, dixo, a Xunta xa ten mobilizados máis de 47M€ en axudas ao emprego, o que “referenda” o compromiso que o Goberno galego asume co tecido produtivo en momentos en que o contexto esixe altura de miras.
Neste sentido, Toca relatou que permanece aberto ata o 29 de setembro o prazo de solicitude das convocatorias anuais de apoio ao traballo autónomo: Xempre Autónomo, Bono Autónomo, e, unha terceira, para a contratación por persoas traballadoras.
Xempre Autónomo conta con 12 millóns de euros de orzamento, para apoiar o inicio de actividade por conta propia. Son axudas cunha contía base de 2.000 euros, que poderán chegar aos 4.000 euros para persoas desempregadas menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade e, como novidade este ano, maiores de 55 anos. Estes importes poderán incrementarse nun 25% se os beneficiarios son, entre outras casuísticas, mulleres, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou estranxeiros, se o centro de traballo está situado nun concello rural ou a actividade empresarial é unha profesión no que as mulleres están subrepresentadas.
Bono Autónomo, especificou Toca, financiará cos seus 8 millóns de euros de orzamento investimentos para a consolidación dos negocios. “Está concibido para traballadoras e traballadores por conta propia que leven polo menos 42 meses de actividade empresarial con axudas de ata 3.000 euros dirixidas á realización de investimentos para a mellora da competitividade como a compra de maquinaria, equipos informáticos, equipamento de oficina, rotulación, instalacións para a mellora da eficiencia enerxética, etc.”, indicou.
O Goberno da Xunta ten tamén activadas ata o 29 de setembro as axudas do programa destinado a impulsar a contratación, por parte das persoas traballadoras autónomas, de empregados indefinidos (primeiro, segundo e terceiro) e a súa formación. Estanse a investir nesta liña, tal e como relatou a secretaria xeral, 1,3 millóns de euros coa previsión de que se poidan incorporar 250 persoas sen traballo ao mercado laboral.
Impulsos á contratación
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten publicados ademais os apoios para a contratación na empresa dunhas 2.200 persoas desempregadas. O programa Galicia Emprega estará dotado nesta edición con 17.450.000, contía que incrementa nun 34,7% á da anterior convocatoria; destinando, deste xeito, 4,5 millóns máis que en 2022, á contratación da mocidade (6.000 euros de apoio base), persoas paradas de longa duración (10.000 euros), de 55 anos ou máis (10.000 euros), persoas emigrantes retornadas (10.000 euros), mulleres (14.000 euros) e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social (16.000 euros).
Tal e como debullou Toca, esta iniciativa contempla, entre outros, incentivos para a transformación de contratos de tempo parcial a tempo completo, para a adaptación de postos de traballo para as persoas con discapacidade e para o incremento de duración dos contratos fixos descontinuos. Ademais das empresas, poden optar a estas achegas, centros especiais de emprego, entidades sen ánimo de lucro e as empresas de inserción laboral para a contratación de persoal.
Apoios á mocidade e á economía social
A Administración autonómica estrea este ano un programa de cooperación con organismos intermedios. Estará dotado con máis de 4,2 millóns de euros para a contratación de 200 persoas sen emprego de entre 18 e 29 anos en asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico; clústeres; consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica; agrupacións industriais que representen a un colectivo de empresas galegas; e asociacións de persoas traballadoras autónomas. O prazo de solicitude límite, neste caso, vence o 27 de febreiro.
A última das liñas que expuxo Toca en Lugo corresponde á recente convocatoria das axudas Aprol Economía Social, con apoios directos ao emprego en cooperativas e sociedades laborais, grazas aos que se espera beneficiar a 136 entidades e incorporar 283 persoas socias. “Este ano destinaranse 4,3 millóns de euros, un 13% máis que a convocatoria do ano anterior, a fomentar o emprendemento e o emprego na economía social, impulsar o autoemprego neste sector e fixar man de obra produtiva no territorio”, especificou a secretaria xeral, quen lembrou que o prazo está hábil ata o 15 de setembro.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



