Ribadeo, 3 de febreiro de 2023. Acisa Ribadeo sorteará na súa campaña de San Valentín 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de dúas noites nun aloxamento a escoller entre máis de 1.500 destinos.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a campaña desenvolverase do 3 ao 13 de febreiro no comercio ribadense. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras nos negocios asociados recibirán papeletas para entrar no sorteo de San Valentín”.
Cruzado Iglesias dixo que “vanse repartir en total 6.000 papeletas nesta campaña. O sorteo non presencial das ceas e da estancia nun hotel farase o 14 de febreiro nas instalacións de Acisa e o seu resultado darase a coñecer, coma sempre, a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.
As ceas serán nos restaurantes Galipizza, A Horta de San Roque, Don Buchi, La Solana, Asador La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo, O Indiano, Queimada, San Miguel e Galicia. E a estancia nun aloxamento é unha colaboración de Viaxes Eroski. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradece “a xentileza dos nosos hostaleiros e hostaleiras asociados, xa que grazas a eles podemos sortear ese número importante de ceas para gozar en parella. E tamén grazas a Viaxes Eroski porque dúas persoas poderán pasar unha fin de semana de desconexión a elixir entre 1.500 destinos”.
A presidenta de Acisa engadiu que “este ano a campaña de San Valentín vai ser especial, porque vai dar comezo mañá, día 3, e vaise prolongar ata o 18 de febreiro con outras novidades que iremos desvelando ao longo dos vindeiros días”.
A campaña de San Valentín deste 2023, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia, foi presentada nas instalacións do colectivo empresarial. No acto participaron a presidenta, a tesoureira, o secretario e o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado, Manoli Torviso, Felipe Fernández e Jesús Pérez, que animaron á veciñanza “a seguir apoiando, como sempre o veñen facendo, ao comercio e á hostalería de Ribadeo”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



