Foz, 2 de febreiro de 2023. Hoxe, xoves, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Jose María Linares, inauguraron a sala multiusos do centro de interpretación da Basílica de San Martiño de Mondoñedo que leva o nome do artista multisciplinar Juan Queralt Blanch, persoeiro moi recordado e querido na parroquia e moi vinculado a este lugar. Aquí pasou ós derradeiros 5 anos da súa vida, nos que dedicou a súa obra á imaxe de San Rosendo, bispo mindoniense no século X, cando a sede episcopal aínda estaba na parroquia focense.
Ademais de Fran Cajoto e Chema Linares, ao acto de hoxe asistiron Francisco Martínez García, que foi alcalde de Foz ata o 19 de abril de 1979, e a súa esposa. Tamén estiveron Suso de Breogán e Pablo Cid (Touche), que colaboraron nesta iniciativa.
O alcalde explica que “na sala atópanse seis lenzos de técnica mixta, da súa lamentablemente inacabada serie de oito, realizados entre o 2009 e o 2014, nos que se relata a vida e obra de Rudesindus, destacando os valores do bispo, representado como liberador de escravos. Nesta mesma sala traballaba sen descanso Juan Queralt para levar a cabo esta impoñente obra pictórico monumental que completaría o ciclo de San Rosendo co tríptico exposto en Celanova. A doenza non lle deixou rematar a planificación do total da súa obra pero deixou un grande impacto nesta sala, cos seis cadros de gran formato que aquí disfrutamos”.
E o concelleiro de Turismo indica: “co nomeamento desta sala Juan Queralt Blanch homenaxeámolo; e para que non se esqueza o seu legado inauguramos un panel coa súa imaxe e información relevante, incluso os recortes dalgunhas das noticias que a prensa publicaba, nos que se fala da súa implicación social e a súa paixón na educación en valores e o seu interese en achegar ás xuventudes mariñáns a obra e vida de San Rosendo. Con este pequeno xesto agradecemos a Queralt a súa implicación e amor á nosa terra”.
Chema Linares engade que no local inaugurado hoxe “hai tres paneis nos que podemos ver algunhas das fotos máis antigas sobre a Basílica, por exemplo de 1920. Nun segundo panel reprodúcense fotos de cando o cemiterio parroquial de San Martiño ocupaba o espazo contiguo ao adro na fachada norte, e un grupo de obreiros desmantelando o vello cemiterio no ano 1976. Alí estaban Emilio López (Emilio das Areeiras), Manuel Rodríguez (Calvario), Gonzalo Rodríguez (Zalo), José Luis Irimia (Lilí), José María Pérez (cura párroco de San Martiño) e José Antonio Eijo. Podemos ver tamén a retirada do antigo retablo de madeira, a inauguración destes traballos o 11 de novembro de 1976 nunha misa ofrecida polo sacerdote José María Díaz Fernández, ao seu lado Miguel Ángel Araujo Iglesias (bispo de Mondoñedo-Ferrol) e Francisco Martínez García, alcalde de Foz, escoitando o pregón de Álvaro Cunqueiro; entre outras fotos, como a da Rondalla Latexos no acto. Outro panel recolle a apertura do sartego do Bispo Santo en 1975, co obxecto de extraer fragmentos de ósos para realizarlles a proba do Carbono 14. Estiveron presentes nese acto Amando Araújo Iglesias (irmán do Bispo Miguel Ángel Araújo Iglesias), José Luis Irimia (Lilí), Manuel Rodríguez (Calvario, de costas á imaxe), e o cóengo Santos Sancristóbal Sebastián (fundador do museo de Arte Sacro de Mondoñedo, que non aparece na foto)”.
Para rematar o edil de Turismo salienta que “con esta actuación, na que destacamos a colaboración de Xesús de Breogán, rematamos unha mellora e ampliación do contido do centro de interpretación iniciada hai un ano con paneis das capelas norte e sur, dos canecillos da fachada sur e das lendas de San Gonzalo. O propio centro aporta valor a unha xoia sobre o románico como é a Basílica, que cada dia é máis coñecida e recibe máis visitantes e que é necesario potenciar e conservar”.
O centro de interpretación de San Martiño pódese visitar nestes días de
mércores a domingo en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



