Ribadeo, 13 de xuño de 2026. Estrellas de Buena Vista y Más será o concerto estelar do XI Ribadeo Indiano o vindeiro 12 de xullo na rúa San Roque. A formación cubana porá o punto final a tres días de irmandade cultural.
Estrellas de Buena Vista y Más naceu en 2021 baixo a dirección musical de Pancho Amat, recoñecido como o mellor tresero do mundo. O proxecto xurdiu coa misión de preservar o patrimonio do Buena Vista Social Club. O grupo está conformado por membros orixinais e novas xeracións de talentosos músicos, que buscan transmitir as raíces más profundas da música cubana, respectando as tradicións e integrando influencias contemporáneas que enriquezan o seu repertorio.
Comparten alegría e ritmo vibrante nas súas actuacións, nas que combinan a experiencia dunha parte dos seus compoñente coa frescura dos novos talentos, algo que garante un espectáculo único que celebra a herdanza musical de Cuba e conecta con novas xeracións.
Estrellas de Buena Vista y Más está formada por 16 talentosos músicos, entre os que se atopan figuras como Carlos Calunga, Lázaro Villa ou Pancho Amat.
O XI Ribadeo Indiano está organizado polo Concello de Ribadeo e Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



