No pregón houbo alusións ao Pequeno Nicolás, á cancela de acceso á Illa Pancha ou ao barco afundido con fardos de droga a varias millas da costa. Carlos Blanco tamén se referiu ao Entroido de Ourense e ao de Bueu, onde estaría hoxe coa súa comparsa se non estivese a ser pregoeiro e a deleitar aos seus fans no monólogo que dará comezo ás nove da noite no auditorio municipal Hernán Naval. O alcalde, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo e representantes de Acisa asistiron no Teatro ao pregón de Carlos Blanco. A charanga Aturuxo puxo a nota musical esta tarde noite polas rúas de Ribadeo.
Co pregón do coñecido actor Carlos Blanco deu comezo o Entroido en Ribadeo. O Teatro foi engalanado para a ocasión polo alumnado do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras e cada butaca estaba acompañada dun antifaz para que o público se fixese partícipe desta cita
-
Anterior
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na feira Expogrelo de Abadín para recoñecer o labor dos produtores de grelos da comarca da Terra Chá. Cabarcos entregou os premios do certame anual de cestas de grelos da edición número 17 desta feira























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.


