Neste encontro, que se celebra dende o ano 2006, participan máis dunha decena de produtores de grelos. A feira combina a venda deste produto tradicional galego con postos de artesanía, música e demais produtos locais. José Luis Cabarcos e Javier Arias coincidiron en poñer en valor a calidade dos grelos desta comarca e animaron aos produtores e comercializadores, tanto en fresco como en conserva ou conxelado, a que se inscriban no selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia.
![O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na feira Expogrelo de Abadín para recoñecer o labor dos produtores de grelos da comarca da Terra Chá. Cabarcos entregou os premios do certame anual de cestas de grelos da edición número 17 desta feira](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/02/expogrelo2-1024x768.jpg)