O Grupo Municipal Popular avisa do risco que supón para os peóns o estado das beirarrúas da rúa Virxe do Camiño e a falta de visibilidade, polo deficiente deseño e mala ubicación dos contedores, na de Rafael Fernández Cardoso
Ribadeo, 17 de febreiro de 2023. A estas alturas, os veciños de Ribadeo sofren as consecuencias da falta de xestión do goberno local e da carencia de investimentos en infraestruturas básicas. O portavoz popular, Daniel Vega, pon como exemplo algúns dos asuntos abordados no pleno deste xoves. Sinala: “O primeiro deles foi o servizo público de abastecemento de auga potable, rede de saneamento e depuración para o noso concello. Despois de dezaseis anos de falta de xestión e de investimento, sabemos como está a rede de auga de Ribadeo: con cortes continuos. Agora hai que sacar a licitación o servizo e hai que falar en serio do tema, porque todos queremos un servizo de calidade e non soportar continuos cortes na vila e nas parroquias. Será a próxima corporación a que licite este servizo”.
Vega indica: “Tratamos tamén outros asuntos de importancia. Un deles, a falta de mantemento do pavillón da rúa Alfredo Deaño. Está completamente abandonado, ata o punto de que chove dentro. Ao mellor agora o BNG nos di que xa xestionou el para que parara de chover e que así non se dea ese problema no pavillón; hai que botarlle moita fe para crer que sexa verdade”.
“En canto ao campo de Outeiro da Devesa, incluso nos dixeron a cantidade que ían investir. Prometérono por activa e por pasiva, pero houbo máis notas de prensa que solucións se deron. Nós, dende a humildade e a responsabilidade, puxémonos en contacto co Fútbol Club Ribadeo para que puidera adestrar no campamento da Devesa. Menos mal que así teñen un campo de xogo, teñen vestiarios e un ximnasio. O goberno, do BNG, quedouse nas notas de prensa e no campo de Outeiro da Devesa non hai nada”.
Daniel Vega pregunta polo suposto investimento que se ía facer no hangar de piragüismo. Quere saber a canto ascendeu e se se firmou o contrato, porque é sabido “que hai que incrementar a cantidade orzamentada e que non se firmou o contrato; polo tanto, promesas e máis promesas, pero detrás das notas de prensa non hai nada”.
Os populares poñen de manifesto numerosas deficiencias nas rúas. Vega di: “Na rúa Virxe do Camiño hai un problema que se arrastra dende hai anos: beirarrúas totalmente abandonadas e ramplas con moito perigo. As persoas con mobilidade reducida non poden pasar por alí. Isto trae moitos problemas a moitos veciños. Igual que a falta de visibilidade que hai na rúa Rafael Fernández Cardoso, pola mala situación dos contedores e polo mal deseño dun paso de peóns moi pegado a unha curva. Hai risco de accidente. Hai que poñerlle solución canto antes, como nos dixeron moitos veciños”.
A lista de deficiencias é longa. O portavoz popular destaca: “Tamén hai un problema, que tampouco é de agora, que é a falta de xestión para novos aparcadoiros. O que temos en Ribadeo son lameiros. O BNG quérenos facer crer que o que hai xunto á estación de buses é un aparcadoiro; nós dicimos que é un lameiro. Ou o que hai ao lado do Gadis: lameiro de inverno e unha nube de po no verán. On na rúa Daniel Cortezón, en Pintor Fierros e nese gran aparcadoiro que anunciaron aos catro ventos e que realmente é un lameiro, no que a terra chega ás rúas. E o suposto aparcadoiro que se ía facer en Rinlo, pero que á hora da verdade o único que hai é unha promesa incumprida por parte deste goberno”.
Daniel Vega resume: “Nós, o que dicimos ao goberno local é que menos promesas e máis feitos; o único que fan en realidade é anunciar que van facer e despois non concretan en nada”.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



