Viveiro, 9 de febreiro, 2023. Baixo o lema “Namórate do comercio local” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 10 de Febreiro a campaña de San Valentín 2023.
Realizaremos un sorteo moi divertido nesta campaña, xa que os premios a gañar son 3 Kits de “Como sobrevivir a San Valentín si esqueciches mercar un agasallo”.
O xeito de conseguir un destes 3 Kits será moi sinxelo. Colocamos un Photocall de corazóns xunto cun banco de madeira que indica “Bícame aquí”, para que a xente se sente e saque fotos divertidas e amorosas. O lugar onde está ubicado o photocall é a Praza Maior de Viveiro.
Despois terán que subir as fotos xunto cun ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV á web https://viveirocentro.com/sorteo-san- valentin/ ou escaneando o código QR que está no propio Photocall.
Entre tódalas fotos e tickets recibidos (unha vez comprobado que pertencen a negocios asociados) sortearanse eses 3 divertidos premios. O número asignado para o sorteo será o de orde de entrada no enlace da web e o sorteo realizarase a través dunha aplicación de sorteos de números aleatorios.
Os gañadores daranse a coñecer o xoves 16 de febreiro e o contido dos Kits será sorpresa ata o momento da entrega ós gañadores.
A campaña comeza o 10 de Febreiro e remata o 15 de Febreiro. Todo o recibido a partir desa data non se contabilizará para o sorteo.
A finalidade deste concurso é a promoción da campaña de San Valentín de Viveiro, potenciar a compra no comercio local, facer unha actividade divertida e de paso botar unha man a todos aqueles despistados/as que se lles pase o detalliño destas datas.
Ó longo deste dias ambientaremos as rúas con música romántica a través do fío musical instalado por todo o centro de Viveiro. Animamos á xente a participar no sorteo, mercar en Viveiro, sacar unha foto divertida no photocall, pasear polas rúas desfrutando do seu ambiente, do bo tempo e da nosa hostalaría.
Porque en Viveiro, como dí o lema da campaña “Namorámonos do comercio local”, un comercio profesional e cun trato persoal, e sobre todo un comercio que da vida á nosa vila.
Con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha iniciativas e premios novidosos e distintos ós realizados con anterioridade , e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro.
























A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



