Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023. A Xunta de Goberno do Colexio de Arquitectos de Galicia acaba de outorgar o Premio Traxectoria Profesional da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura á arquitecta Pascuala Campos de Michelena (Sabiote, Jaén, 1938). O acto público de entrega de premios celebrarase o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo, na provincia de Lugo (Paraño, s/n. Cervo). O evento conta coa colaboración de diversas empresas e entidades: Abanca, Grupo Aluman, Exlabesa, Finsa, Fundación Arquia, Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, Ramírez Construcciones, Rodiñas, Saint-Gobain, Sargadelos, EspacioHabit e Tejas Verea.
A xienense Pascuala Campos de Michelena viviu e estudou en Madrid, aínda que obtivo o título de Arquitecta en Barcelona, onde acabou doutorándose en 1968. En 1995 converteuse na primeira catedrática de proxectos arquitectónicos da Universidade da Coruña e é a primeira muller que obtén este título no conxunto das universidades de España.
A súa vida e carreira como arquitecta están ligadas á cidade de Pontevedra. Na década de 1950 a arquitectura en Galicia está representada polos arquitectos Xosé Bar Bóo e Andrés Fernández-Albalat, pero a partir de 1965 aparece unha nova ola de mozos arquitectos con novas ideas: Manuel Gallego, Javier Suances, Rafael Baltar Tojo, José Antonio Bartolomé Argüelles e o equipo formado por César Portela e Pascuala Campos. “Trátase dunha xeración que conforma o identificado como rexionalismo crítico, entendido como unha actitude fronte á memoria colectiva e un xeito de entender o lugar, o que implica unha renovación da linguaxe arquitectónica baseada nun profundo coñecemento da cultura construtiva local” –destaca o COAG.
A mediados dos anos 80, Pascuala converteuse en profesora do departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC-UDC), coordinado por Carlos Meijide. Propuxo un curso para esta disciplina, concibido como unha unidade na que se profunda na arquitectura como a arte de recrear o lugar. En 1995 obtivo a súa cátedra cun traballo titulado “Espazo e Xénero”. Deste xeito pasou a converterse na primeira catedrática de Proxectos Arquitectónicos das Escolas de Arquitectura Españolas. Considérase un referente na incorporación da perspectiva de xénero na arquitectura e na docencia logrando inspirar a outras mulleres arquitectas.
Participou en congresos, foros e xornadas tanto en España como en Latinoamérica e Europa. Asistiu tamén aos Congresos Internacionais de Mulleres Arquitectas de París e Berlín e participou no Seminario Permanente “Mujer y Ciudad”, no que codirixiu, entre outros, o curso sobre “Urbanismo y Mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado” xunto a Adriana Bisquet, Ángeles Durán e Rosa Barba, ou cursos como “Cuerpo, espacio y arquitectura”.
O proceso do proxecto, a súa obra
Pascuala Campos une o proceso do proxecto co proceso de identidade, ambos construcións no tempo, accións emocionais. “El proyecto es la búsqueda de una arquitectura que favorece las sutiles y complicadas relaciones humanas, donde la recreación del espacio, con sus componentes de belleza y armonía, sean un soporte y consecuencia de un sentimiento de amor hacia la vida. El proyecto, como acto de expresión, es la cristalización de sentimientos y decisiones que nos vincula a un tiempo interior y a la realidad del mundo”. Estas son palabras de Pascuala Campos e ideais que reflicte na súas obras onde amosa a súa resposta arquitectónica tinguida dun profundo coñecemento desta terra.
Entre as décadas dos anos 60 e os 70 destacan as obras:
– A casa do párroco de Marín (1968). Un exercicio de modernidade, nunha Galicia sumida naquel momento nun pasado perenne.
– A casa Pais de Sanxenxo (1968). Outro exercicio de linguaxe moderna, un limiar que se asenta lixeiramente na terra, case sen tocala, e é como una transición entre o mundo agrícola e o mar.
– Os colexios públicos de Salcedo e Campañó (1971). Dentro dos estritos límites de espazo e orzamento do Ministerio, onde propón amplitude. O corredor e as aulas configuran o corpo da serpe da sabedoría, onde as aulas coas súas portas-escamas imbrícanse no espazo común.
– Bloque do polígono de Campolongo en Pontevedra (1973). A flexibilidade é a fórmula proposta, fórmula aínda válida hoxe e para o futuro da vivenda colectiva.
– Concello de Pontecesures (1975). Naceu da análise do lugar no que se encrava e da reflexión sobre o espazo desexado.
– Conxunto de vivendas para a comunidade xitana en Campañó, Poio (1971-1973). Seleccionada xunto ao mercado e lonxa de Bueu (1971-1972) para a exposición “Arquitectura y Racionalismo. Aldo Rossi + 21 Arquitectos Españoles”.
Xa na década de 1980 traballou desde o seu estudio soa ou en colaboración (en 1982 montou o seu estudio independente en Pontevedra), cos seguintes traballos destacados:
– Actuacións en Combarro (1984). Delicado traballo, con pequenas propostas que pretenden trazar unha trama na que encaixar dun xeito tranquilo actuacións posteriores.
– Planeamento de intervención sobre o núcleo urbano de Combarro (1986-1987).
– Cooperativa San Martiño en Pontevedra, en colaboración con Ana Fernández Puentes (1990-1998). Unha proposta natural e desexable para a cidade vella.
– Escola de Formación Pesqueira, Illa de Arousa, Pontevedra, en colaboración con Amparo Casares, Federico Garrido, Jaime Rodríguez Abilleira e Teresa Táboas (1990). Un edificio didáctico en si mesmo.
– A casa de Fina (1995), situada no casco antigo de Pontevedra. Case unha casa de xoguete, de 5×7 cunha soa fachada, onde a sorpresa é a paisaxe interior.
– A casa de Antolina. Contempla tres situacións vitais, os avós, a nai e unha filla cas súas independencias e intimidades a protexer.
– O curro de Sabucedo, en colaboración con Inmaculada Garcés Navarro (1996). Trata de recuperar a antiga dimensión do espazo da festa da Rapa das Bestas e a súa escala coa igrexa, ao tempo que esta se arranxa. No curro desmóntase a bancada, ampliando e reforzando o muro perimetral, para así permitir o paseo polo borde e gozar da vista dos cabalos. A idea base é recuperar o existente, deixando que a natureza do lugar se impoña, coa axuda dos seus límites flexibles. Os muros cuns bordos que serven tanto de paseo como de asento. Todo á beira dunha magnífica vista sobre o val.
224 propostas candidatas aos premios
O certame conta coa participación de 224 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre o 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022. As propostas participantes están incluídas dentro destas categorías: residencial de nova planta (na que se distingue entre vivenda unifamiliar, con 55 candidaturas, e vivenda colectiva, con 5 candidaturas); outros edificios de nova planta, 21; obras de restauración e rehabilitación, 63; obras de interiorismo, 22; arquitecturas efémeras e deseño, 12; planeamento urbanístico, 3; deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo, 20; divulgación e investigación, 10; e Proxecto Fin de Carreira, 13. O xurado avaliará detidamente as propostas e fará unha selección previa de cinco obras finalistas por categoría, elección que se fará pública proximamente. O ditame final darase a coñecer na gala de entrega de premios.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



