Premiaranse as mellores voces e a caracterización en distintas categorías que abarcan todas as idades
Cervo, 25 de febreiro de 2023.- O Concello de Cervo e a delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, organiza coas diferentes asociacións de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo- a primeira edición do Karaoke pola Igualdade en homenaxe á figura da muller.
O concurso terá lugar o domingo 12 de marzo no Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao ás 19:00 horas.
Os/as participantes deberán escoller unha canción composta ou popularizada por mulleres que se atope na lista de temas dispoñible no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello de Cervo (www.concellodecervo.com). Na mesma sección atoparán a ficha de solicitude para a participación no concurso e toda a información necesaria nas bases reguladoras.
Todo aquel que decida interpretar unha canción que non se atope na lista deberá avisar con anterioridade para comprobar se pode ser reproducida polos medios técnicos da organización. Se non fose posible, deberán aportar outra proposta ou adaptarse aos temas incluídos na lista.
A ficha de inscrición deberá presentarse no rexistro municipal do concello –onde tamén estarán dispoñibles para cubrir no momento- xunto a unha copia do N.I.F do participante ou do seu titor legal, no caso de menores de idade. O prazo de inscrición no propio concello rematará o venres 10 de marzo ás 15:00 horas.
Tamén se permitirán as solicitudes entregadas o mesmo día do concurso aos traballadores responsables na Casa da Cultura antes dos ensaios previos dos participantes, que darán comezo ás 17:00 horas.
O concurso contará con diversos premios en distintas categorías que abarcan todas as idades:
Peques (menores de 12 anos): premio á mellor voz (dous premios) de 75€ e premio á mellor caracterización de 50€.
Júnior (rapaces de 12 a 18 anos): premio á mellor voz (dous premios) de 100€ e premio á mellor caracterización de 75€.
Veteranos (18 anos en adiante): premio á mellor voz (dous premios) de 150€ e premio á mellor caracterización de 100€.
O xurado –formado por un membro de cada unha das asociacións- terá en conta para o primeiro premio a calidade da voz, modulación ou entoación. No segundo caso, valorarase o vestiario, maquillaxe e aspectos similares. Unha vez resolto o concurso, realizarase o pago dos premios a posteriori tal e como recollen as bases reguladoras.
Dende o Concello de Cervo animan a todos/as os/as interesados/as a participar no tan esperado Karaoke pola Igualdade 2023 con motivo de demostrar os seus dotes artísticos nun ambiente de diversión e apoiar a loita pola igualdade e a defensa da muller.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


