Estes traballos tamén foron concibidos para tentar minimizar a condensación que se xera puntualmente no piso do pavillón cuxa cuberta tamén se reparou “realizando un saneamento integral para mellorar a funcionalidade desta instalación deportiva”
Cervo, 2 de febreiro de 2023. O Concello de Cervo vén de rematar os traballos de renovación da rede de saneamento do Polígono de Cuíña e de construción de novas beirarrúas co obxectivo de reforzar a seguridade dos peóns e a humanizar toda a esta contorna” que é de por si unha zona moi concorrida pola situación do complexo deportivo, dos centros escolares, do centro de saúde ou do Centro de Día Residencia.
O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, a concelleira de Obras e o edil de Deportes, Mali Méndez e David Rodríguez, respectivamente, achegáronse este mediodía ata a zona para supervisar o resultado desta actuación que supuxo un investimento de máis de 160.000 euros (164.175,54 euros concretamente), subvencionados ao 74% pola Xunta de Galicia ao abeiro da liña de habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia; e o restante con fondos propios.
Tal e como explicou Villares, a obra afectou á marxe dereita da vía LU-P-1510, no polígono de Cuíña, e consistiu na mellora das beirarrúas da zona principal de acceso ao parque empresarial, na zona que linda co polideportivo da Veiga, ampliando o ancho da mesma “para mellorar a accesibilidade de toda a zona”.
Tamén se executou un muro de contención para reforzar o xa existente que contén a vía de acceso e instalouse unha nova varanda de acceso ao pavillón.
Ademais renovouse a rede de saneamento existente, separando as augas fecais e pluviais, e instaláronse canalizacións soterradas para os distintos subministros do polígono, como o alumeado público.
Apuntou o rexedor que “esta obra é a continuación de todas as actuacións que vimos facendo para facilitar o acceso ao Polígono Industrial de Cuiña desde o núcleo de San Ciprián e mellorar o seu tránsito peonil, así como tamén facer máis atractivo o enclave para que entidades empresariais contemplen establecerse nel, e por suposto para as que xa están”.
Esta actuación –engadiu- tamén foi concibida para tratar de minimizar a condensación que se xera de maneira puntual, en función das condicións meteorolóxicas, na pista do polideportivo, “onde tamén realizamos unha saneamento integral da cuberta” que consistiu na reparación das zonas deterioradas mediante cepillado manual e a aplicación, posteriormente, de pintura antioxidante”, a fin de mellorar a funcionalidade desta instalación deportiva.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



